Trivium é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Orlando, Florida e formada no ano 1999. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Matt Heafy, o guitarrista Corey Beaulieu, o baixista Paolo Gregoletto e o batería drummer Alex Bent. Heafy é o único membro da formación orixinal que permanece no grupo.
O seu álbum de estrea, Ember to Inferno, foi o seu único traballo publicado por Lifeforce Records. Despois de asinar un contrato con Roadrunner Records en 2004, a banda publicou oito álbums de estudio e máis de vinte sinxelos. O seu derradeiro traballo ata a data, What the Dead Men Say, foi editado o 24 de abril de 2020. A banda vendeu máis dun millón de discos en todo o mundo e foi nomeada a un premio Grammy no ano 2019 pola súa canción "Betrayer".
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloEmber to Inferno2003Lifeforce RecordsAscendancy2005Roadrunner RecordsThe Crusade2006Roadrunner RecordsShogun2008Roadrunner RecordsIn Waves2011Roadrunner RecordsVengeance Falls2013Roadrunner RecordsSilence in the Snow2015Roadrunner RecordsThe Sin and the Sentence2017Roadrunner RecordsWhat the Dead Men Say2020Roadrunner RecordsIn the Court of the Dragon2021Roadrunner Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Florida Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1999