miniatura|250px|Mapa de G. Sanson (1687), coa localización do estreito de Anián. O paso do Noroeste, ás veces tamén chamado paso do Norte,IHO Codes for Oceans & Seas, and Other Code Systems , including IHO 23-3rd: Limits of Oceans and Seas, Special Publication 23, 3rd ed. (1953), publicado por International Hydrographic Organization. é o nome co que se coñece a ruta marítima que bordea Norteamérica polo norte, atravesando o océano Ártico e conectando o estreito de Davis e o estreito de Bering ou, o que é o mesmo, o océano Atlántico e o océano Pacífico.

A ruta discorre por un conxunto de estreitos localizados no arquipélago ártico canadense, entre as grandes illas árticas e as terras continentais.

É o que os antigos cartógrafos da alta Idade Moderna coñecían como o lendario estreito de Anián

Traxectoria De oeste a leste, o paso do Noroeste parte do océano Pacífico, do estreito de Bering —que separa Rusia e Alasca— e segue polo mar de Chukchi e o mar de Beaufort. Logo a ruta debe cruzar o arquipélago ártico canadense e hai de cinco a sete rutas posíbeis —incluídas a do estreito de McClure, a do estreito de Dease e a do estreito do Príncipe de Gales—, aínda que non todas son adecuadas para grandes buques. A ruta continúa cruzando a baía de Baffin e chega finalmente ao estreito de Davis, xa no océano Atlántico.

Posíbeis efectos do quecemento global Especulouse con que co quecemento global e a redución da capa de xeo do Ártico, a ruta do paso do Noroeste pode chegar a estar o suficientemente libre de xeo como para permitir un novo transporte comercial seguro, polo menos en parte do ano. O 21 de agosto de 2007, o paso do Noroeste permaneceu aberto ao tráfico marítimo durante o verán boreal sen a necesidade de utilizar barcos quebraxeos. Segundo Nalan Koc, do Instituto Polar Noruegués, esta foi a primeira vez que quedou libre desde que comezaron a tomarse rexistros en 1972.North-West Passage is now plain sailing.Satellites witness lowest Arctic ice coverage in history O 26 de agosto de 2011 o paso quedou novamente aberto. Algunhas estimacións sinalaron que o traxecto pode chegar a ser navegábel durante todo o ano aproximadamente no ano 2020 o, que de ser certo, diminuiría considerabelmente o traxecto marítimo entre Europa e Asia, converténdose nunha ruta alternativa ás do Canal de Panamá e o Canal de Suez: en 2011 o traxecto Londres-Osaka supón 23 300 km por Panamá e 21 200 km por Suez; polo paso do Noroeste quedaría reducido a soamente 15 700 km.

O goberno do Canadá considera que os estreitos polos que discorre a ruta do paso do Noroeste forman parte das súas augas interiores,5CTP% 5CTP14202% 5Cinterpretation.htm TP 14202 Interpretación do Ministerio de Transporte de Canadá. pero varios países manteñen que en virtude da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar eses estreitos deben seren considerados estreitos internacionais, o que permitiría o tráfico marítimo libre e sen peaxes.The Northwest Passage and Climate Change from the Library of Parliament—Canadian Arctic Sovereignty (Retos: o paso do Noroeste e o cambio climático, na Biblioteca do Parlamento canadiense- Soberanía Ártico )Naval Operations in an ice-free Arctic (Operacións navais nn Ártico libre do xeo). É unha cuestión moi controvertida, xa que nese territorio se encontraron nas últimas décadas importantes reservas de petróleo, gas natural, diamantes e chumbo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Berton, Pierre (1988): The Arctic Grail The Quest for the North West Passage and the North Pole, 1818-1909. Nova York: Viking. ISBN 0-670-82491-7. Day, Alan Edwin (2006): Historical Dictionary of the Discovery and Exploration of the Northwest Passage . Historical dictionaries of discovery and exploration, no. 3. Lanham, Md: Scarecrow Press. ISBN 0-8108-5486-4. Griffiths, Franklyn (1987): Politics of the Northwest Passage. Kingston: McGill-Queen's University Press. ISBN 0-7735-0613-6. Reverte, Javier (2911): En mares salvajes. Un viaje al ártico. Barcelona: Random House Mondadori. ISBN 978-84-0134-754-2. Waterman, Jonathan (2001): Arctic Crossing A Journey Through the Northwest Passage and Inuit Culture . Nova York: Knopf. ISBN 0-3754-0409-0. Williams, Glyndwr (2003): Voyages of Delusion The Quest for the Northwest Passage. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-3000-9866-9.

Outros artigos Polo Norte Océano Ártico Canal de Panamá Estreito de Anián Estreito de Bering

Ligazóns externas Norwegian Blue, first British Yacht to transit from West to East. Irish Expedition completes the elusive Northwest Passage. Arctic Passage at PBS Nova páxina con artigos, fotografías e mapas sobre o Paso do Noroeste, especialmente das expedicins´de Franklin (1845) e Amundsen (1903) . Exploration of the Northwest Passage. The Sir John Franklin Mystery. 'The Great Game in a cold climate'. Mission to Utjulik . The Voyage of the Manhattan. U.S. nuclear submarines travel in Canadian Arctic waters without permission. Canada considers the Northwest Passage its internal waters, but the United States insists it is an international strait. Information Memorandum for Mr. Kissinger—The White House 1970. CBC Digital Archives—Breaking the Ice: Canada and the Northwest Passage. Nova Dania: Quest for the NW Passage—NEARA Journal. Artigo sobre o "Northwest Passage" na The Canadian Encyclopedia . Tema do grupo de metal Unleash The Archers.

Categoría:Océano Ártico Categoría:Estreitos Categoría:Canadá