Kenneth Todd "Hock" Ham, nado en Plainfield (Nova Jersey), o 12 de decembro de 1964, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-124 e STS-132.

Traxectoria Ham graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1987 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados en 1996.

Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1998. Participou nas misións STS-124 e STS-132 e pasou un total de 25,53 días no espazo. Deixou a axencia en xuño de 2012.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-124 STS-132

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Nova Jersey