O fogo e a palabra (en ) é un filme estadounidense de 1960 sobre un estafador e unha evanxelista que venden a relixión por vilas pequenas dos Estados Unidos. Adaptado polo director Richard Brooks, o filme baséase na novela de 1927 Elmer Gantry de Sinclair Lewis e está protagonizado por Burt Lancaster, Jean Simmons, Arthur Kennedy, Shirley Jones e Patti Page.
O filme presenta menos de cen páxinas da novela orixinal, eliminando moitas personaxes e fundamentalmente cambiando a personaxe e as accións da irmá Sharon Falconer, interpretada por Simmons. Esta personaxe estaba levemente baseada en elementos da carreira da evanxelista da radio Aimee Semple McPherson, que fundou a denominación cristiá Pentecostal coñecida como a International Church of the Foursquare Gospel en 1927. Ademais, incorpórase un punto do final da novela sobre a relación de Gantry e Lulu Bain, basicamente cambiando o destino de ambas as personaxes.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 19 de xuño de 1993.La Voz de Galicia, 19 de xuño de 1993. Páxina 79
Argumento Elmer Gantry é un bebedor e falangueiro viaxante cunha personalidade carismática que enche de pasaxes bíblicos e de fervor os seus discursos como xeito de conseguir cartos. Acode ao espectáculo da irmá Sharon Falconer e inmediatamente se ve atraído polo revivalismo sagrado. Cando o grupo deixa a vila por Kansas, Gantry fala con dozura á súa inxenua axudante, a irmá Rachel, para que lle dea información do pasado de Falconer. El emprega esa información e acaba por unirse ao grupo predicando "Cristo no comercio" e como el é un vendedor salvado.
Personaxes Burt Lancaster como Elmer Gantry Jean Simmons como Sister Sharon Falconer Arthur Kennedy como Jim Lefferts Dean Jagger como William L. Morgan Shirley Jones como Lulu Bains Patti Page como Sister Rachel Edward Andrews como George F. Babbitt John McIntire como Rev. John Pengilly Hugh Marlowe como Rev. Philip Garrison Joe Maross como Pete Dayton Lummis como Eddington Barry Kelley como Police Capt. Holt Harry Antrim como vendedor (sen acreditar) Barbara Luna como prostituta (sen acreditar) Jean Willes como prostituta (sen acreditar) John Qualen como Sam (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Wheeler Dixon. "Cinematic Adaptations of the Works of Sinclair Lewis." Sinclair Lewis at 100: Papers Presented at a Centennial Conference. Ed. Michael Connaughton. St. Cloud: St. Cloud State University, 1985. 191–200. Ligazóns externas "Elmer Gantry, a Flawed Preacher for the Ages" en NPR All Things Considered (22 de febreiro de 2008).
Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Brooks Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1960 con versión en galego