Maelström é un filme candense de 2000 escrito e dirixido por Denis Villeneuve. Está protagonizado por Marie-Josée Croze, que interpreta unha empresaria nova e deprimida que se namora do co fillo dun home que matou nun accidente de coche. Nunha mestura de elementos de fantasía e comedia, Maelström é narrado por un peixe que fala.

Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 73ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Un peixe conta a historia: nunha noite de verán chuviosa, unha muller nova, Bibiane Champagne, xefa dunha tenda de moda, golpea accidentalmente un home co seu coche. O ferido, un inmigrante noruegués, consegue regresar á casa para morrer tranquilo. A vida de Bibiane mergúllase entón nun caos inimaxinable. Cando arrisca a súa vida para borrar todo rastro do seu acto, recibe unha nova oportunidade, como un segundo nacemento das augas do río. Este diálogo entre a vida e a morte, entre a terra e a auga, atopará o seu punto culminante cando a moza coñeza a quen cambiará o seu destino.

Personaxes Marie-Josée Croze como Bibiane Champagne Jean-Nicolas Verreault como Evian Stephanie Morgenstern como Claire Pierre Lebeau como voz do peixe

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 73ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Denis Villeneuve Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Noruega Categoría:Filmes sobre o aborto Categoría:Filmes sobre a morte