Un 32 août sur terre é un filme canadense de 1998 dirixido e escrito por Denis Villeneuve, no seu debut como director. Foi producido por Roger Frappier. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1998. Alexis Martin gañou o Prix Jutra ó mellor actor. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Despois dun accidente de tráfico que a deixa ilesa mais completamente devastada, a modelo Simone Prévost pon en dúbida toda a súa vida. Deixa o seu traballo, cancela unha viaxe que debía facer a Italia e vai buscar a Philippe, o seu mellor amigo, ao que lle pide ter un fillo. Este último acepta reticente coa condición de que o neno sexa concibido no deserto. Polo tanto, partirán cara ao deserto de Salt Lake City.
Personaxes Paule Baillargeon como doutor no hospital Emmanuel Bilodeau como mellor amigo de Philippe Pascale Bussières como Simone Prévost R. Craig Costin como dependente do alugamento de coches Joanne Côté como Monica Frédéric Desager como Stéphane Estelle Esse como Leather shop clerk Lee C. Fobert como condutor de Salt Lake City Venelina Ghiaourov como enfermeira Richard S. Hamilton como taxista Marc Jeanty como Janvier Alexis Martin como Philippe Evelyne Rompré como Juliette Ivan Smith como doutor Serge Thériault como condutor Jim Levesque como cliente no café
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Denis Villeneuve Categoría:Filmes ambientados no Quebec Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América