Detective Pikachu, tamén coñecido como Pokémon: Detective Pikachu, é un filme estadounidense-xaponés dirixido por Rob Letterman. Baséase no universo da franquía Pokémon creada por Satoshi Tajiri e é unha vaga adaptación do videoxogo homónimo de 2016. O guión foi escrito por Letterman, Dan Hernandez, Benji Samit e Derek Connolly, a partir dunha historia de Hernandez, Samit e Nicole Perlman. O filme foi producido por Legendary Pictures en asociación con Toho. É o primeiro filme de acción en vivo de Pokémon. Ryan Reynolds é o protagonista que achega a voz e a captura de movementos de Pikachu, e Justice Smith, Kathryn Newton, Suki Waterhouse, Omar Chaparro, Chris Geere, Ken Watanabe e Bill Nighy interpretan papeis de acción en vivo.
A rodaxe tivo lugar entre xaneiro e maio de 2018 en Colorado, Inglaterra e Escocia. Detective Pikachu estreouse no Xapón o 3 de maio de 2019, e nos Estados Unidos o 10 de maio de 2019, sendo distribuído por Warner Bros. Pictures nos formatos RealD 3D, Dolby Cinema, 4DX e ScreenX. É o primeiro filme de Pokémon en ser distribuído nos cinemas dos Estados Unidos dende Pokémon Heroes (2003) e o primeiro en ser distribuído por Warner Bros. dende Pokémon 3 (2001). O filme recibiu valoracións dispares por parte da crítica. Cunha recadación de máis de 433 millón de dólares, é o segundo filme baseado nun videoxogo con maior recadación de tódolos tempos.
O desenvolvemento dunha secuela foi anunciado en xaneiro de 2019, antes da estrea do filme.
Sinopse O argumento conta a historia de Tim Goodman que tenta descubrir o misterio da desaparición do seu pai, Harry, coa axuda do seu antigo compañeiro detective, Pikachu.
Personaxes Ryan Reynolds como: Detective Pikachu Harry Goodman Justice Smith como Tim Goodman Max Fincham como Tim Goodman de neno Kathryn Newton como Lucy Stevens Suki Waterhouse como Ms. Norman/Ditto Omar Chaparro como Sebastian Chris Geere como Roger Clifford Rita Ora como Dr. Ann Laurent Karan Soni como Jack Josette Simon como "Grams" Ken Watanabe como Detective Hideo Yoshida Bill Nighy como Howard Clifford Rina Hoshino e Kotaro Watanabe como Mewtwo Rachael Lillis como Jigglypuff
Acollida Recadación Detective Pikachu recadou 144,1 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá, e 288,9 millóns de dólares noutros territorios, cunha recadación total internacional 433 millóns de dólares, sobre un orzamento de 150 millóns de dólares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 2019 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Rob Letterman Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Pokémon Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Colorado Categoría:Filmes rodados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes sobre amnesia Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX