William George "Borneo" Gregory, nado en Nova York o 14 de maio de 1957, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-67.

Traxectoria Gregory graduouse en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1979, é máster en enxeñería mecánica pola Universidade de Columbia en 1980 e máster en xestión pola Universidade de Troy en 1984.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990. Participou na misión STS-67, pasando un total de 16,63 días no espazo. Retirouse da NASA en verán de 1999.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-67

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Nova York