Georgi Mikhailovich Grechko, nado en Leningrado (actual San Petersburgo) o 25 de maio de 1931, é un cosmonauta retirado que formou parte das misións Soiuz 17, Soiuz 26, Soiuz T-14, Soiuz 27 e Soiuz T-13.
Traxectoria Grechko ten un doutoramento en ciencias físicas e matemáticas. É enxeñeiro civil e traballou para a OKB 1 de Koroliov. Participou como cosmonauta nas misións Soiuz 17, Soiuz 26, Soiuz T-14, Soiuz 27 e Soiuz T-13, pasando un total de 134,86 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 17 Soiuz 26 Soiuz T-14 Soiuz 27 Soiuz T-13
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en San Petersburgo