Iury Nikolaievich Glazkov, nado en Moscova o 2 de outubro de 1939 e finado o 9 de decembro de 2008, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 24.
Traxectoria Glazkov graduouse na Escola Superior de Enxeñería Kharlov en 1962 e doutorouse en ciencias técnicas en 1991. Pertenceu á Forza Aérea da Unión Soviética e foi paracaidista.
Adestrouse para ser cosmonauta entre novembro de 1965 e decembro de 1967. Participou na misión Soiuz 24. Pasou un total de 17,73 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 24
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en Moscova