Felipe Bárcena Castro, IV Conde de Torrecedeira, nado en Vigo en maio de 1906Noticiero de Vigo, 9-5-1906, p. 3. e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 1984Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-8-1984, p. 50., foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Bárcena Andrés, II Conde de Torrecedeira. Oficial do Banco de España en Vigo. Xefe local de Falange Española de Vigo, foi detido en Vilagarcía de Arousa o 1 de xullo de 1936 cando participaba con outros falanxistas nunha reunión clandestina co xefe de Falange de Galicia Daniel Buhigas.El Compostelano, 2-7-1936, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ingresou voluntario no exército sublevado,El Pueblo Gallego, 9-8-1936, p. 5. e déronlle o mando dunha centuria de falanxistas pontevedreses que se uniu á Legión Gallega de Falange.El Progreso, 27-8-1936, p. 2. Foi ferido na fronte de Aragón en novembro de 1936.El Pueblo Gallego, 29-11-1936, p. 5. Foi nomeado inspector nacional do servizo de excombatentes en novembro de 1939.El Pueblo Gallego, 17-10-1939, p. 6. Coronel de Infantaría. Herdou o título nobiliario do seu irmán Manuel Bárcena Castro en 1962.

Vida persoal

Casou con Pilar Varela de Limia País e foi pai de Felipe, María del Carmen, Obdulia, María Teresa, Inmaculada, María Isabel e Alfredo Bárcena Varela de Limia. Notas

Categoría:Falanxistas Categoría:Condes de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes