A dos dactilopíidos ou dactilópidos (Dactylopiidae) é unha familia de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos, que comprende un único xénero, Dactylopius.Van Dam, A. R. and B. May. (2012). "A new species of Dactylopius Costa (Dactylopius gracilipilus sp. nov.) (Hemiptera: Coccoidea: Dactylopiidae) from the Chihuahuan Desert, Texas, USA. Zootaxa 3573: 33–39.

Estes insectos coñécense comunmente como cochinillas,<ref name=ram>Ramírez-Puebla, S. T., et al00. (2010): Molecular phylogeny of the genus Dactylopius (Hemiptera: Dactylopiidae) and identification of the symbiotic bacteria". Environmental Entomology 39 (4): 1178-1183.</ref>Chávez-Moreno, C. K., et al. (2011): "Distribution and habitat in Mexico of Dactylopius Costa (Hemiptera: Dactylopiidae) and their cacti hosts (Cactaceae: Opuntioideae). Neotropical Entomology 40 (1): 62-71. nome que tamén se refire especificamente á súa especie máis coñecida, a cochinilla (Dactylopius coccus).cochinilla, 2ª acep. no Dicionario da RAG.Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.

A cochinilla é un insecto de importancia económica e histórica como fonte principal da tintura carmín que, segundo moitos informes, utilizouse para este propósito nas Américas desde o século X.

O xénero Dactylopius tamén é importante porque varias das súas especies utilizáronse como axentes de control biolóxico de pragas, e porque varias son especies invasoras.

Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1875 polo farmacéutico, médico e entomólogo francés Victor Antoine Signoret, na súa obra "Essai sur les cochenilles ou gallensectes (Homoptères--Coccides), 14e partie". Annales de la Société Entomologique de France, Séries 1-6 (5) 5: 15-40.

Xénero O xénero describiuno en 1835 o zoólogo italiano Oronzio Gabriele Costa.

Etimoloxías Xénero O nome do xénero, Dactilopius, está formado polos elementos do latín científico dactyl- e -pius. O primeiro deriva do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo", e o segundo probabelmente do grego antigo πἴος, píos, "gordo", debido á forma do seu corpo.Dactylopius no Merriam Webster Dictionary.

Familia O nome da familia está formado, como é a norma, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo (e neste caso único), Dactylopius, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio das familias de animais.

Especies Como quedou dito, o xénero é monotípico.Rodríguez, L. C., et al. (2001): "Direction of dispersion of cochineal (Dactylopius coccus Costa) within the Americas" . Antiquity 75: 73-77.

No xénero describíronse once especies. Ademais das nove que durante moito tempo se integraban no xénero, D. bassi foi transferida do xénero Coccus en 2001,"Dactylopiidae species list". Scale Insects: Systematic Entomology Laboratory, USDA, ARS. Arquivada do orixinal o 24-09-201. Consultada o 27 de abril de 2020. e D. gracilipilus describiuse recentemente, en 2012.

As especies son:Dactylopius austrinus Dactylopius bassi Dactylopius ceylonicusDactylopius coccus Dactylopius confertusDactylopius confususDactylopius gracilipilusDactylopius opuntiae Dactylopius salmianusDactylopius tomentosusDactylopius zimmermanni''

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Chávez Moreno, C. K. (22 de outbro de 2010). "The Opuntia (Cactaceae) and Dactylopius (Hemiptera: Dactylopiidae) in Mexico: a historical perspective of use, interaction and distribution with particular emphasis on chemical and phylogenetic aspects of the Dactylopius species". VII International Congress on Cactus & Cochineal, Agadir, Marrocos.

Outros artigos Hemípteros Esternorrincos Cocoideos

Ligazóns externas

Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Fitopatoloxía Categoría:Parasitos