Gals é o nome duns satélites de comunicacións rusos. Estaban deseñados para proporcionar servizos de emisión directa a casa para receptores con antenas parabólicas de 60 cm de diámetro ou máis. Os satélites usaban o bus MSS-2500 e tiñan unha masa duns 2500 kg. Os paneis solares proporcionaban ata 2,4 kW de potencia e levaban a bordo tres transpondedores en banda Ku. O corpo dos satélites tiña unhas dimensións de 4,1 x 6,6 m, cunha envergardura dos paneis solares de 21 m. Lanzáronse dous satélites Gals:

Gals 1, o 20 de xaneiro de 1994, a bordo dun Proton K/DM-2M Gals 2, o 17 de novembro de 1995, a bordo dun Proton K/DM-2

Os plans iniciais eran lanzar versións melloradas dos Gals, pero nunca chegaron a levarse a cabo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Proton K/DM-2M Proton K/DM-2

Categoría:Satélites artificiais