Rui Cardoso Martins, nado en Portalegre en 1967, é un escritor, xornalista e guionista portugués.

Traxectoria Estudou na Universidade Nova de Lisboa onde foi profesor convidado da cadeira de Arte da Crónica do Departamento de Linguas e Literaturas Modernas (FCSH).

Traxectoria como xornalista Foi reporteiro e cronista no Público: cerco de Saraxevo, eleccións na África do Sur etc. A súa crónica Levante-se o Réu foi publicada os domingos no Jornal de Notícias (JN) durante dezasete anos, crónicas a partir de casos reais pasados nos tribunais.

Rui Cardoso Martins é tamén cronista nas mañás dos mércores en Antena 1, na sección O Fío da Meada.

Traxectoria no cinema e televisión Foi un dos fundadores das Produções Fictícias, sendo cocreador e autor dos históricos programas de humor Contra-Informação (RTP 1), Herman Enciclopédia, Conversa da Treta,

Para o cinema, escribiu (con Tiago Guedes) o argumento orixinal da longametraxe A Herdade, estreada mundialmente no Festival Internacional de Cinema de Venecia 2019 (candidata ó León de Ouro, ó Mellor Argumento, ó Mellor Actor Principal e á Mellor Actriz Principal), presente tamén nas Special Presentations do TIFF (Festival Internacional de Cinema de Toronto) e tamén foi filme portugués candidato aos Óscar de Hollywood e aos premios Goya hispano-americanos.

Escribiu tamén o guión de Zona J (con Luis Pedro Nunes) e o da longametraxe Dúas Mulheres (con Tereza Coelho), e tamén o de Em Câmara Lenta, o último filme de Fernando Lopes.

É tamén coautor do argumento orixinal da serie policial Sul, (creada por Edgar Medina e Guilherme Mendonça, realizada por Ivo M. Ferreira) esteada en setembro/outubro de 2019, RTP1.

Traxectoria literaria O seu primeiro libro, E Se Eu Gostasse Muito de Morrer, de 2006, tivo varias edicións en Portugal, sendo publicado tamén en España e Hungría. Ten contos publicados en diversas revistas literarias nacionais e internacionais (Massachussetts Review nº 60, Spring 2019, USA; Lettres Littéraires, Budapest, Granta Portugal, Revista Ficcións etc.).

Coautor das comedias O Filho da Treta (con Felipe Homem, tv movie) Casal da Treta (teatro con Filipe Homem Fonseca, Mário Botequilha), Zé Manel Taxista (teatro, con Maria João Cruz, Filipe Homem Fonseca, Mário Botequilha)

Ten obras traducidas a varias linguas.

Obras Literarias

E se eu gostasse muito de morrer (2006). Dom Quixote. 216 páxs. ISBN 9789722031707. Ed. de 2016 en Tinta da China. ISBN 9789896713027. Novela. En español: Y si me gustara morir (2008), Bruguera, ISBN 978-8402420817. Deixem passar o homem invisível (2009). Dom Quixote. 240 páxs. ISBN 9789722038287. Ed. en Tinta da China, 2020, ISBN 9789896715342. Novela. Se fosse fácil era para os outros (2012). Dom Quixote. 256 páxs. ISBN 9789722050852. Novela. O osso da borboleta (2014). Tinta da China. 24 páxs. ISBN 9789896712358. Novela. Levante-se o réu (2015).Tinta da China. 368 páxs. ISBN 9789896712686. Selección das crónicas no Público. Levante-se o réu outra vez (2016). Ed.Tinta da China. 344 páxs. ISBN 9789896713157.Selección das crónicas no Público.

Premios

2009: Grande Prémio do Romance da Associação Portuguesa de Escritores APE por Deixem Passar o Homem Invisível. 2015 e 2016: dous prémios Gazeta de Jornalismo por Levante-se o Réu. 2017: Gran Premio de Crónica e Dispersos Literarios da Associação Portuguesa de Escritores e da Câmara de Loulé para Levante-se o réu outra vez.

Notas

Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade Nova de Lisboa Categoría:Nados en 1967