miniatura|Roberto II de Borgoña Roberto II de Borgoña, nado en 1248 e finado en Vernon-sur-Seine en 1306, foi duque de Borgoña entre 1271 e 1306. Traxectoria Orixes familiares Naceu en 1248, sendo o terceiro fillo masculino do duque Hugo IV de Borgoña e da súa primeira muller Iolanda de Dreux. Era neto por liña paterna de Odón III de Borgoña e Alicia de Lorena.
Matrimonios e descendentes Casou coa princesa Inés de Francia, filla de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza en 1279. Desta unión naceron:
O infante Xoán de Borgoña (1279 - 1283). A infanta Margarida de Borgoña (1285 - morta moi nova). A infanta Branca de Borgoña (1288 - 1348), que casou en 1307 co conde Eduardo I de Savoia. A infanta Margarida de Borgoña (1290 - 1315), que casou en 1305 co futuro rei de Francia e Navarra Lois X. A infanta Xoana de Borgoña (1293 - 1348), que casou en 1313 co futuro rei de Francia e Navarra Filipe VI. O infante Hugo V de Borgoña (1294 - 1315), duque de Borgoña. O infante Odón IV de Borgoña (1295 - 1349), duque de Borgoña . O infante Lois de Borgoña (1297 - 1316), rei titular de Tesalónica. A infanta María de Borgoña (1298 -?), que casou en 1310 con Eduardo I de Bar. O infante Roberto de Borgoña (1302 - 1334), conde de Tonnerre.
Morte Roberto II morreu o 21 de marzo de 1306 en Vernon-sur-Seine e foi enterrado en Cîteaux. Véxase tamén
Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Nados en 1248 Categoría:Finados en 1306