Andrew Jay "Drew" Feustel, nado en Lancaster (Pensilvania) o 25 de agosto de 1965, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-125, STS-134 e Soiuz MS-08 e como membro da Expedición 55 e da Expedición 56 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Feustel graduouse en ciencias da terra e xeofísica pola Universidade Purdue. Ten un doutoramento en ciencias xeolóxicas, con especialización en sismoloxía, pola Universidade Queen en Kingston, Ontario, Canadá, en 1995.
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en xullo de 2000, participando nas misións STS-125, STS-134 e Soiuz MS-08 e como membro da Expedición 5 e da Expedición 56 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 225,39 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-125 STS-134 Soiuz MS-08 Expedición 55 Expedición 56
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados no condado de Lancaster, Pensilvania