miniatura|Escorregamento en tándem de dous ARNt na secuencia escorregante do virus do sarcoma de Rous. Despois do cambio da pauta de lectura, o novo apareamento de bases é correcto no primeiro e segundo nucleótidos pero incorrecto na posición de cambaleo. Indícanse os sitios E, P e A do ribosoma. A localización e crecemento da cadea polipeptídica non está indicada na imaxe porque aínda non hai consenso sobre se o escorregamento −1 ocorre antes ou despois de que o polipéptido é transferido desde ARNt do sitio P ao ARNt do sito A (neste caso desde o ARN Asn ao ARNt Leu).

Unha secuencia escorregante ou deslizante é unha pequena sección da secuencia de nucleótidos dos codóns (xeralmente UUUAAAC) que controla a taxa e oportunidade do cambio da pauta de lectura ribosómica. Unha secuencia escorregante causa unha transferencia ribosómica máis rápida, que á súa vez pode causar que o ribosoma que está lendo "escorregue." Isto permite que un ARNt se salte unha base (−1) unha vez qaue se apareou co seu anticodón, cambiando o marco de lectura. Un cambio de pauta de lectura −1 causado por unha secuencia como esta é un cambio de pauta de lectura ribosómico −1 programado. A continuación hai unha rexión espazadora e unha estrutura secundaria do ARN. Tales secuencias son comúns en poliproteínas de virus.

O cambio de pauta de lectura ocorre debido ao apareamento cambaleante. A enerxía libre de Gibbs das estruturas secundarias augas abaixo dan unha pista de como ocorre o cambio de pauta de lectura. A tensión na molécula de ARNm tamén desempeña un papel. Unha lista de secuencias escorregantes atopada en virus animais pode consultarse no traballo de Huang et al.

Construíronse secuencias escorregantes que causan un escorregamento de dúas bases (cambio de pauta de lectura −2) a partir da secuencia do virus da inmunodeficiencia humana UUUUUUA.

No coronavirus SARSr-CoV a secuencia escorregante UUUAAAC e un pseudonó do ARN no ORF1 permiten a formación da poliproteína pp1ab por un cambio da pauta de lectura ribosómica -1.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estrutura terciaria dos ácidos nucleicos Marco de lectura aberto Cambio de pauta de lectura ribosómica ou traducional Elemento transpoñible

Véxase twamén Ligazóns externas Pseudobase Recode

Wise2 - alinea unha proteína contra unha secuencia de ADN permitindo o cambio da pauta de lectura e intróns FastY - base de datos que compara secuencias de ADN e secuencias de proteína, permitindo ocos e cambios de pauta de lectura Path - ferramenta que compara dúas proteínas con cambios de pauta de lectura (principio da tradución cara atrás) Recode2 - Base de datos de xenes rexistrados, incluíndo os que requiren un cambio de lectura traducional programada.

Categoría:ARN Categoría:Expresión xénica