Henri Louis Marie van Schaik, nado en Delft o 24 de xullo de 1899 e finado en Cavendish ( Estados Unidos ) o 19 de agosto de 1991, foi un xinete, instrutor de equitación e militar neerlandés.
Traxectoria Era primo do ministro Josef van Schaik. Estudou dereito e filosofía na Universidade de Leiden e en París e Viena. En 1930 logrou o doutoramento en filosofía do dereito en Leiden. Van Schaik era tenente ne reserva da cabalería. O 5 de agosto de 1935 casou con W.D. Mattison, filla dun avogado norteamericano Leewarder Courant, 6 de agosto de 1935. Van Schaik participou na competición de salto coa selección neerlandesa nos Xogos Olímpicos de 1936 e xunto con Jan de Bruine e Johan Greter gañou a medalla de prata co seu cabalo Santa Bell, ademais ndividualmente acabou no vixésimo terceiro posto.
Ao comezo da segunda guerra mundial exerceu como capitán asistente no 5º rexemento de húsares. Foi membro da fascista Fronte Nacional, e dende febreiro de 1941 o seu líder en Zuid-Holland [http://www.delpher.nl/nl/kranten/view?query=front+van+schaik&coll=ddd&page=4&identifier=ddd%3A011084065%3Ampeg21%3Aa0006&resultsidentifier=ddd%3A011084065%3Ampeg21%3Aa0006 Nederlandsch dagblad : orgaan van het Nationaal Front], 31 de xaneiro de 1941 ata a prohibición dos partidos, agás o nazi NSB, polas autoridades alemás de ocupación en decembro de 1941. En 1953"Cavendish Women You Should Know: Mary Mattison van Schaik" Cavendih Historical Society News, 28 de marzo de 2018Mary Mattison van Schaik "Highlights of the Season in Vermont" .The Daffodil Journal, setembro de 1974 emigrou coa súa familia aos Estados Unidos e estableceu en Vermont unha academia de equitación. Publicou en 1986 o libro Misconceptions and Simple Truths in Dressage"Dr. Henri Louis Mari Van Schaik: To the Threshold of your Own Mind". Equine Journal, agosto de 2009.
Notas
Categoría:Nados en Delft Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1936 Categoría:Xinetes e amazonas dos Países Baixos Categoría:Militares dos Países Baixos Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Medallistas olímpicos en hípica Categoría:Medallistas olímpicos de prata polos Países Baixos Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1936