O Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, (CINZ), coñecido internacionalmente polas súas siglas en inglés: ICZN, e unha publicación que ten como propósito fundamental subministrar a máxima universalidade e continuidade dos nomes científicos dos animais compatíbeis coa liberdade dos científicos para clasificaren os animais segundo os seus criterios taxonómicos.ICZN, 1999, Introdución.
Características O Código regulamenta os nomes dos taxons de animais (reino Animalia) e doutros clados de eucariotas tradicionalmente considerados como "protozoos".
Este Código consta de artigos (que son obrigatorios) e recomendacións. Os artigos deseñáronse para permitir aos zoólogos chegar aos nomes dos taxons que sexan correctos en circunstancias taxonómicas concretas.
O uso do Código permite a un zoólogo determinar o nome válido de calquera taxon ao que pertence un animal en calquera categoría das xerarquías especie, xénero e familia (incluíndo subespecie, subxénero e categorías do nivel familia tales como subfamilia e tribo). O Código non regula enteiramente os nomes dos taxons por riba do nivel familia (orde, clase, filo) e non subministra regras para o uso por debaixo da categoría de subespecie (variedade, aberración etc.), xa que estas carecen de entidade taxonómica.
Antecedentes históricos A necesidade da existencia dun Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica aceptado internacionalmente é consecuencia da confusión de nomes que tivo lugar na bibliografía zoolóxica a partir de Carl von Linné e ao longo do século XIX, en parte debido ao principio de autoridade, polo cal o nome válido dunha especie era o que lle atribuíra o primeiro especialista que a describira.
O caos na nomenclatura alcanzou tal dimensión que, en 1842, o paleontólogo inglés Hugh Strickland promoveu a formación dun comité de expertos para crear un código de regras que regulasen a nomenclatura zoolóxica, con membros tan ilustres como Charles Darwin ou Richard Owen. Este primeiro embrión do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, aparecido en 1843, coñécese como Código de Strickland.
A este primeiro código seguíronlle outros, dentro e fóra da Gran Bretaña. No momento da celebración do Terceiro Congreso Internacional de Zooloxía (Leiden, 1895) existían tres conxuntos de regras nomenclaturais en uso, parcialmente incompatíbeis. Nese congreso suscitouse a necesidade dun consenso, e naceu a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica co obxecto de reunir nun único código trilingüe unhas regras de nomenclatura aceptábeis por todos os zoólogos. Os resultados dos seus traballos publicáronse, tras numerosas vicisitudes, en 1905, co título de "Regras Internacionais", sendo o primeiro Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.Houbo unha única versión en castelán: Cabrera, A. (1914): "Código de nomenclatura zoológica vigente en la actualidad con una introducción histórica". Bol. R. Soc. Esp. Hist. Nat. 14: 311-337.
En 1961 publicouse a segunda edición do Código,Alvarado, R. (1962): Código Internacional de Nomenclatura Zoológica. Madrid: Real Sociedad Española de Historia Natural e Instituto "José de Acosta" de Zoología. ISBN 84-0002-735-3. e en 1985 a terceira edición. Na actualidade a nomenclatura zoolóxica réxese pola cuarta edición do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, publicada en 1999 e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2000, e da que hai, por primeira vez, unha versión en castelán autorizada oficialmente pola Comisión.
Nomenclatura e taxonomía
miniatura|250px|Systema naturæ. Cuberta da 10ª edición (Estocolmo, 1758), data a partir da cal se establece a nomenclatura binominal. A parte da Sistemática que se ocupa da ordenación dos organismos en diferentes grupos chamados taxa ou taxons, é a Taxonomía. A parte da taxonomía na que se regula a adxudicación precisa e inequívoca dos nomes asignados aos diferentes taxons é o que denomina Nomenclatura.
A unidade básica da clasificación é a especie. O conxunto de especies con certas características comúns agrúpanse nunha categoría taxonómica de maior erarquía denominada xénero. Un conxunto de xéneros con características similares agrúpase nunha categoría taxonómica de rango superior denominada tribo. O conxunto de tribos semellantes agrúpanse nunha mesma familia. Á súa vez, as familias agrúpanse en ordes, estes en clases e, á súa vez, as clases en filos, troncos ou tipos de organización.
Segundo as necesidades de clasificación poden intercalarse outras categorías usando os prefixos super- (superfamilia, superclase), sub- (suborde, subespecie) ou infra- (infraclase, infraorde).
Nomes científicos
O Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica establece normas que afectan aos niveis especie, xénero e familia. O nivel especie inclúe todos os taxons nominais das categorías especie e subespecie (Art. 45.1); o nivel xénero abarca todos os taxons nominais das categorías xénero e subxénero (Art. 42.1); o nivel familia inclúe todos os taxons nominais das categorías superfamilia, familia, tribo, subtribo, e calquera outra categoría por debaixo de superfamilia e por encima de xénero que se desexe (Art. 35.1).
Para os niveis superiores existen diferenzas segundo as distintas escolas ou países. Os niveis por debaixo de subespecie non son contemplados polo Código, dado que subministrar nomes científicos a calquera variación fenotípica, práctica frecuente nalgúns grupos (lepidópteros, coleópteros etc.), considérase de nula utilidade científica.
As normas establecidas polo Código deben seren asumidas e respectadas por todos os zoólogos, constituíndo algo parecido a unha gramática que permita a todos falar un mesmo idioma científico universal.
A nomenclatura zoolóxica require que aos nomes científicos, independentemente da súa orixe lingüística, se lles asigne un nome en latín, para o cal úsanse as 26 letras do alfabeto latino (incluíndo j, k, w, y) e as normas gramaticais desa lingua. Non poden usarse signos diacríticos (acentos, diéreses etc.). Polo tanto a ñ castelá debe transformarse en n ou nos dígrafos ni, ny ou gn se se quere conservar a pronuncia.Porén, nalgúns casos (obras de divulgación, guías de campo, textos escolares), hai autores que usas "diéreses" ou gurupos ""aae", como en Aquila chrysaetos (a aguia real), que grafan como Aquila chrysaëtos ou Aquila chrysaaetos para sinalar que a pronuncia en latín non é -e-, senón -ae-).
Nomes uninomiais
Os nomes dos niveis familia e xénero son uninomiais, e dicir, constan dunha única palabra.
Nombs de nivel familia
Os nomes do nivel familia son plurais, e deben iniciarse sempre con maiúscula e presentar terminacións concretas para cada categoría, que son obrigatorias e específicas delas, para que resulte fácil recoñecer a que categoría taxonómica pertencen. As terminacións das categorías do nivel familia son: Categoría Terminación galeguización exemplos Superfamilia -oidea -oideos Hominoidea (hominoideos) Familia -idae -idos Hominidae (homínidos) Subfamilia -inae -inos Homininae (homininos)Dada a igualdade que a galeguización das terminacións latinas dos nomes das subfamilias, tribos e subrtribos é idéntica, para evitarmos as confuisións, en obras de divulgación deben usarse os nomes latinos, o ben indicar: homininos (subfamilia), homininos (tribo) e homininos (suntribo). Tribo -ini -inos Hominini (homininos) Subtribo -ina -inos Hominina (homininos)
Se un autor utiliza outra categoría intercalada por conveniencia é libre de utilizar a terminación latina que desexe, diferente das obrigatorias. É frecuente utilizar, por exemplo a terminación -itae para as supertribos.
Os nomes do nivel familia deben formarse obrigatoriamente sobre a raíz do xenitivo dun nome do nivel xénero considerado válido e contido no taxon que se nomea. Así, tomando o xénero Homo, cuxo xenitivo é Hominis, e cuxa raíz é Homin-, fórmanse todos os nomes do nivel familia vistos anteriormente (Homin-idae, Homin-inae etc.). Formar estes nomes sobre o nominativo sería incorrecto.
Nomes de nivel xénero
Os nomes de nivel xénero son substantivos singulares de dúas ou máis letras, en caso nominativo. Deben estaren adscritos a un dos xéneros gramaticais latinos (masculino, feminino ou neutro) e deben escribirse sempre nun tipo de letra diferente ao do texto normal en que se encontran, en cursiva cando o texto está escrito en redonda e redonda cando o texto está escrito en cursiva.
O xénero debe ter asociada polo menos unha especie, cuxo nome deberá concordar en xénero gramatical con aquel. O xénero gramatical é o que dean os dicionarios usuais de latín e grego clásico (neste último caso, latinizado). É conveniente consultar tales dicionarios e non fiarse das aparencias; así, Felis é feminino (e de aí o nome Felis marginata, e non marginatus, que sería masculino), Lepisma é neutro é Sitona é masculino.
Os nomes subxenéricos escríbense entre parénteses intercalados entre o nome do xénero e o da especie. Así, en Buprestis (Yamina) sanguinea, Buprestis é o xénero, Yamina é o subxénero e sanguinea é o nome específico (obsérvese que se usa letra cursiva sempre que se escribe un nome científico).
Nomes binominais e trinominais
Os nomes dos taxons de nivel especie son binominais para a especie e trinominais para a subespecie, é dicir, formados por dúas e tres palabras, respectivamente.
Para os nomes das especies, das dúas palabras citadas, a primeira corresponde ao nome do xénero ao que pertence e escríbese sempre coa inicial en maiúscula; a segunda palabra é o epíteto específico e debe escribirse enteiramente en minúscula, debendo concordar gramaticalmente co nome xenérico. Así, en Mantis religiosa, Mantis é o nome xenérico, religiosa o nome específico e o binomio Mantis religiosa é o "nome científico" outorgado a certa especie de insecto da orde dos Mantodea (montoideos).
No nome científico asignado ás especies, o nome específico nunca debe ir illado do xenérico, xa que carece de identidade propia e pode coincidir en especies diferentes. De terse citado previamente o nome completo e non cabe ningunha dúbida de a que xénero se refire (por exemplo, cando se citan varias especies do mesmo xénero), o nome do xénero pode abreviarse coa súa inicial (M. religiosa).
Se unha especie presenta dúas ou máis subespecies, formará un trinomio (en latín científico, trinomen). Por exemplo, Felis silvestris presenta numerosas subespecies, entre elas Felis silvestris silvestris, o gato montés europeo, e Felis silvestris catus, o gato doméstico. Se nos referimos en concreto ao gato montés, debemos utilizar o trinomio Felis silvestris silvestris, que significa Felis silvestris subespecie silvestris, polo que repetir a palabra silvestris non é unha redundancia.
Cando se fai referencia a un taxon do nivel especie recomendase indicar, tras o binomen ou o trinomen, o nome do autor, ou autores que o describiu ou describiron, sen abreviar, e o ano da súa publicación, separados por unha coma. Por exemplo, Vipera seoanei Lataste, 1879.
Se o descritor dunha especie situouna nun xénero diferente do que se lle asigna actualmente, o seu nome e a data deben ir entre parénteses. Así, o nome científico da rula debe escribirse Streptopelia turtur (Linnaeus, 1758); con este parénteses indícase que a especie citada non foi orixinariamente descrita dentro do xénero Streptopelia, no cal actualmente se acha; en efecto, Linneo colocou esta especie no xénero Columba cando a describiu.
Principio de prioridade e sinonimia
Con frecuencia un mesmo taxon posúe máis dun nome, o que pode crear moita confusión entre a comunidade científica. O Principio de autoridade utilizado antes da aparición do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica contribuíu á proliferación de nomes e ao uso interesado dos mesmos por partidarios deste ou daquel zoólogo.