Bertalan Farkas, nado en Gyulaháza o 2 de agosto de 1949, foi o primeiro astronauta húngaro. Formou parte das misións Soiuz 36 e Soiuz 35. Pasou un total de 7,86 días no espazo.
Traxectoria Farkas graduouse na facultade de Aeronáutica, en Szolnok, en 1969. En 1972 graduouse na Facultade da Forza Aérea en Krasnodar, Rusia. Chegou a xeneral de brigada na Forza Aérea de Hungría. Foi elixido como primeiro húngaro en ir ao espazo na misión Soiuz 36, en 1986, no marco do programa Interkosmo. Tras case oito días volveu á Terra na misión Soiuz 35.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 35 Soiuz 36
Categoría:Astronautas de Hungría Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados no condado de Szabolcs-Szatmár-Bereg