Özgön (en kirguiz: Өзгөн Özgön) é unha cidade do Kirguizistán situada na rexión de Osh.
Historia A cidade é mencionada nos anais chineses do século II a.C. e foi unha das capitais dos karakhánidas, chamada Mavarannahr na época destes, que deixaron tres mausoleos aínda preservados na actualidade. A cidade era a morada de Muhammad b. Nasr durante a división do kanato en dúas ramas. alt=Uzgen Minaret|left|miniatura|310x310px|Minarete de Özgön.
Atopáronse relatos en Özgön obra de escritores árabes como Al-Muqaddasi e Ibn Hawqal do século X.
Xeografía Özgön sitúase no leste do val de Fergana, xusto enriba do punto onde entra o Kara-Darya no val. Está a 48 quilómetros ao nordés da cidade de Osh, e a 32 quilómetros ao sueste de Jalal-Abad (actual Manas).
Clima Özgön ten un clima mediterráneo continental (Dsa). Os veráns son secos e quentes e as choivas son principalmente no inverno e meses adxacentes.
Notas
Categoría:Cidades de Kirguizistán