Cuéntame un cuento é o terceiro disco publicado pola banda española de rock Celtas Cortos.
Foi publicado en 1991 pola discográfica DRO e supuxo o punto de inflexión definitivo a partir do cal a banda consegue chegar a un público masivo conseguindo vender máis de 500 000 exemplares do mesmo.manerasdevivir.com Información sobre Celtas Cortos
O álbum contiña cancións que ao cabo se converterían en grandes clásicos como 20 de abril ou o tema que lle daba nome ao disco que lle serviron á banda para facerse co Premio Ondas ao grupo revelación de 1991.
Lista de cancións
Créditos
Produtor executivo: Juan Ignacio Cadrado Axudante de son: Francisco Gude Gravado en: Track, maio-agosto de 1991
Celtas Cortos Nacho Martín : Piano, sintetizador, acordeón e órgano Hammond Carlos Soto: Frauta travesa, uilleann pipe e pito midi Goyo Yeves: Saxos soprano e tenor, e whistles Alberto García Violín Óscar García: Baixo eléctrico Jesús H. Cifuentes: Voz, guitarras eléctrica e acústica César Conca: Guitarra eléctrica e banxo Nacho Castro: Batería e percusións Eduardo Pérez: Marróns
Músicos invitados Andreas Prittwitz: Clarinete en "Más kilómetros!!" Perico Duarte: Percusión en "Cuéntame un cuento" e "Onda Caribe 10.5 (muévete brother, aquí y ahora)" Jimmi: Coros en "¡¡Ya está bien!!"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Análise do disco en LaFonoteca Celtas Cortos en indyrock.es "Llegar a los veinte"
Categoría:Álbums de Celtas Cortos Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de DRO