Eduardo I de Bar, nado preto de 1295 e finado en novembro de 1336 en Famagusta, foi Conde de Bar de 1302 a 1336. Era fillo de Henrique III, conde de Bar, e Leonor de Inglaterra.

Traxectoria Ao redor de 1298, a súa nai Leonor de Inglaterra morreu cando el aínda era neno. O seu pai, o conde Henrique III, morreu en 1302 en Nápoles tras un choque con forzas de Frederico I de Sicilia. Aínda que o seu avó materno Eduardo I, rei de Inglaterra, tentou ser nomeado rexente do condado, a rexencia foi asegurada polos seus tíos, Xoán, señor de Puisaye, Teobaldo de Bar, bispo de Liexa e Renaldo, bispo de Metz.

En 1310, aos quince anos, casou con María de Borgoña, unha das fillas do duque de Borgoña Roberto II e Inés de Francia. Eduardo foi declarado maior de idade de resultas do seu matrimonio. Nunha batalla en Frouard, foi feito prisioneiro en 1313 polo duque de Lorena Fernando IV. Eduardo foi liberado poucos meses despois de pagar un rescate enorme de 90.000 libras, pagadas en parte por cartos de MetzE. de Bouteiller, La guerre de Metz en 1324, Firmin-Didot, París, 1875. Estivo na orixe da construción da foxa hidráulica de Moyeuvre-Grande en 1323. En 1324, lanzouse á chamada guerra dos catro señores contra a cidade de Metz, tanto para cancelar as súas débedas, contraídas para pagar o seu rescate como para facer valer dereitos señoriais.

Despois marchou ao Oriente, con Filipe III de Namur e outros señores do Sacro Imperio, coa intención de facer cruzada. Desembarcou na illa de Chipre. A expedición saíu mal e os habitantes de Famagusta masacráronnos.

Descendencia Con María de Borgoña tivo a:

Henrique IV (m. 1344), conde de Bar. Leonor (m. 1332), que casou en 1330 con Raúl (m. 1346), duque de Lorena. Beatriz, casada con Guido I Gonzaga (m. 1369), señor de Mantua.

Notas

Categoría:Finados en 1336 Categoría:Condes de Bar Categoría:Mortos en combate Categoría:Nados no século XIII