A Real Academia de Ciencias Morais e Políticas (en español, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas), creada en 1857, é unha das oito Reais Academias que hai en España e que forman o Instituto de España (xunto coa Real Academia Española, Real Academia da Historia, Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Real Academia Nacional de Medicina, Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e a Real Academia Nacional de Farmacia).

A Academia é un foro de encontro de personalidades relevantes nas ciencias sociais, económicas, filosóficas políticas e xurídica que se configura coma un espazo de debate sobre ideas e cuestións centrais da nosa sociedade, coma un centro difusor de coñecemento e coma un laboratorio de investigación e de crítica.

Traxectoria Creouse aos vinte días despois de aprobar a Lei de Instrución Pública mediante un Real Decreto do 30 de setembro de 1857 durante o reinado de Isabel II de España.

O propósito desta institución era "cultivar a ciencia moral e política",Pérez de Lama (1999), p. 229 e o seu obxectivo era reunir todo o movemento político e social da época, arredor dun modelo semellante ao inspirado pola Real Academia da Historia. Daquela, fóronse incorporando membros destacados da era isabelina como o progresista Salustiano de Olózaga Almandoz ou os máis moderados Juan Bravo Murillo e Modesto Lafuente y Zamalloa, xunto con investigadores en ciencias sociais.

A directiva da Academia está composta por un presidente e outros cinco membros que exercen funcións executivas e aseguran o cumprimento dos estatutos e regulamentos. A Xunta está composta por académicos e as súas funcións son a elección da directiva e do seu presidente por un período de tres anos e distribuír aos académicos nas comisións e seccións, que en 2006 foron as de ciencias filosóficas, ciencias políticas e xurídicas, ciencias sociais e ciencias económicas. Ademais das permanentes, a Academia pode crear comisións provisionais para temas específicos e posúe unha biblioteca con máis de cen mil volumes.

A súa sede está situada dende a súa fundación en Madrid, na Casa y Torre de los Lujanes (o edificio civil máis antigo de Madrid), na que, nos primeiros anos compartiu os espazos coa Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e coa Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País.

Ao longo da súa historia foron membros da Academia políticos e xuristas como Francisco Martínez de la Rosa, Antonio Alcalá Galiano, Antonio Cánovas del Castillo, o Conde de Toreno, Julián Besteiro, Faustino Rodríguez-San Pedro, Manuel Fraga Iribarne, Manuel Jiménez de Parga, Gregorio Peces-Barba e outras personalidades de diferentes especialidades en ciencias sociais como Antonio Cavanilles y Centi, Marcelino Menéndez Pelayo, José Ortega y Gasset, Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, Salvador de Madariaga ou Enrique Fuentes Quintana .

Desde 2024, está presidida por Benigno Pendás García.

Presidentes da Academia

Pedro José Pidal y Carniado (1857-1865) Lorenzo Arrazola y García (1866-1868) Florencio Rodríguez Vaamonde (1869-1886) Manuel García Barzanallana (1886-1892) Francisco de Cárdenas y Espejo (1892-1898) Laureano Figuerola y Ballester (1898-1903) Antonio Aguilar y Correa (1903-1908) Alejandro Groizard y Gómez de la Serna (1908-1919) Joaquín Sánchez de Toca y Calvo (1919-1936) Antonio Goicoechea Cosculluela (1939-1953) José Gascón y Marín (1953-1962) José María de Yanguas Messía (1962-1974) Alfonso García Valdecasas (1974-1984) Luis Díez del Corral y Pedruzo (1984-1990) Enrique Fuentes Quintana (1990-2007) Sabino Fernández Campo (2007-2009) Marcelino Oreja Aguirre (2009-2014) Juan Velarde Fuertes (2015-2018) Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón (2019-2021) Benigno Pendás García (2022-2024)

Académicos numerarios (Datos de agosto de 2015) Medalla nºNomeAcadémico dendePrecedido por18Miguel García-Baró López2018Mariano Álvarez Gómez43Pablo Lucas Murillo de la Cueva2017Óscar Alzaga Villaamil24Salustiano del Campo Urbano1980Luis Olariaga Pujana6Heliodoro Carpintero Capell2000Víctor García Hoz15Pedro Cerezo Galán1997Mariano Yela Granizo34Adela Cortina Orts2008Antonio Millán Puelles40José Luis García Delgado2002 ---17Olegario González de Cardedal1986José Ignacio de Alcorta y Echevarría19Fernando Vallespín Oña2019Jesús González Pérez26Juan Díez Nicolás2018Luis González Seara30Diego Gracia Guillén2011Ángel González Álvarez4Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón1991Manuel García-Pelayo16Julio Iglesias de Ussel2006Sebastián Martín-Retortillo Baquer44Emilio Lamo de Espinosa Michels de Champourcin2010 ---25Landelino Lavilla Alsina2006Íñigo Cavero Lataillade2Carmelo Lisón Tolosana1992Carmelo Viñas Mey31Alfonso López Quintás1986Carlos Ruiz del Castillo y Catalán de Ocón9Araceli Mangas Martín2014Juan Antonio Carrillo Salcedo3Raúl Morodo Leoncio2013Pablo Lucas Verdú14Santiago Muñoz Machado2012Juan Berchmans Vallet de Goytisolo13Agustín Muñoz-Grandes Galilea2010Sabino Fernández Campo38Dalmacio Negro Pavón1995 ---7Alejandro Nieto García2007Fernando Garrido Falla11Alfonso Novales Cinca2009Enrique Fuentes Quintana35Andrés Ollero Tassara2008Gonzalo Fernández de la Mora y Mon32Marcelino Oreja Aguirre2001José María de Areilza y Martínez de Rodas10Benigno Pendás García2014Luis Ángel Rojo Duque42Gregorio Robles Morchón2009 ---33Antonio María Rouco Varela2001Rodrigo Fernández-Carvajal González1José Ángel Sánchez Asiaín1986José María de Oriol y Urquijo36Ricardo Sanmartín Arce2010Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo29Pedro Schwartz Girón2005Mariano Navarro Rubio12José María Segovia de Arana1998Primitivo de la Quintana López5Julio Segura Sánchez1992Gonzalo Arnáiz Vellando23José María Serrano Sanz2004José Castañeda Chornet21Fernando Suárez González2007Manuel Alonso Olea41Ramón Tamames Gómez2013Fabià Estapé Rodríguez39Jaime Terceiro Lomba1996 ---20Juan Velarde Fuertes1978Fernando María Castiella y Maíz37Juan Miguel Villar Mir2013Andreu Mas-Colell8Juan Arana Cañedo-Argüelles2015José Luis Pinillos Díaz22José Manuel González-Páramo2015José Barea Tejeiro27Francesc de Carreras i Serra2015Manuel Jiménez de Parga y Cabrera28Rodolfo Martín Villa2013Manuel Fraga Iribarne

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Instituto de España Ligazóns externas Sitio oficial da Academia

Categoría:Real Academia de Ciencias Morais e Políticas