O Gabinete Numismático da Casa da Moeda de Polonia (en polaco: Gabinet Numizmatyczny Mennicy Polskiej) é un museo numismático dependente da ceca pública polaca, sito no número 11 da rúa Waliców, en Varsovia. Desde abril de 2017 o museo está temporalmente pechado ao público.

Historia O Gabinete Numismático da Casa da Moeda de Polonia estableceuse en 1926, baixo a coordinación do numismático e coleccionista de Varsovia Karol Plage, como o seu primeiro conservador."History of the Mint of Poland: 1924-1939 The second Polish Republic". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. Outras fontes dan como data da súa fundación 1924 ou 1928.Folga-Januszewska, D. (2012). Páxina 12.Encyklopedia Warszawy. Varsovia. Wydawnictwo Naukowe PWN. 1994. Páxina 479. ISBN 83-01-08836-2"Gabinet Numizmatyczny Mennicy Polskiej". Turystyka360.pl

A colección do Gabinete chegou a alcanzar máis de 70.000 pezas, principalmente moedas (tanto circulantes como de colección), aínda que tamén abrangueu numerosas medallas e diversos artefactos, ferramentas e equipamentos utilizados na súa cuñaxe. Outra parte dos seus fondos corresponde aos libros da ceca, nos que quedou constancia de todos os artigos fabricados pola Casa da Moeda de Polonia desde a época do reinado de Stanisław August Poniatowski, fundador da ceca en 1766."History of the Mint of Poland: 1764-1797 Beginnings of the Mint". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. miniatura|Expositor de medallas no Gabinete Numismático da Casa da Moeda de Polonia Porén, a ocupación alemá en 1939, na segunda guerra mundial, non só provocou a grave deterioración dos edificios da Casa da Moeda, senón tamén a confiscación de metais preciosos e dos fondos do Gabinete Numismático polas autoridades do Terceiro Reich, que foron trasladados a Alemaña e diseminados. Soamente puido conservarse arredor do 10 % dos fondos das coleccións, que foran ocultadas polo daquela conservador W. Terlecki; estes fondos permaneceron desde entón en Polonia."History of the Mint of Poland: 1939-1945 German occupation". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. En épocas máis recentes engadiuse á colección unha serie de medallas dedicadas á figura do papa Xoán Paulo II."Gabinet Numizmatyczny Mennicy Polskiej". Museo.pl

Os fondos conservados do Gabinete Numismático da Casa da Moeda de Polonia estiveron expostos na planta baixa dun edificio de oficinas no número 11 da rúa Waliców, en Varsovia, ata o 1 de abril de 2017, cando a instalación pechou ata novo aviso para a realización de labores de inventario."Gabinet Numizmatyczny - Inwentaryzacja". No sitio web da Casa da Moeda de Polonia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Folga-Januszewska, D. (2012). Muzea Warszawy. Przewodnik. Olszanica. Wydawnictwo BOSZ. Páxina 12. ISBN 978-83-7576-159-7

Outros artigos Lista de museos numismáticos Casa da Moeda de Polonia Sociedade Numismática Polaca

Ligazóns externas Sitio web da Casa da Moeda de Polonia

Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Polonia Categoría:Varsovia