miniatura|270px|Nasas, uns dos principais aparellos de pesca. Un aparello é un instrumento utilizado para a pesca.aparello, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
Aínda que moitas veces se coñece como arte de pesca, cómpre distiguir ambos os termos, porque as artes verdadeiras son as redes de arrastre, de deriva ou de fondo, construídas con grandes panos.
Clases de aparellos Entre os numerosos aparellos de pesca que se untilizan en Galicia para pescar no mar e nos ríos están, entre outros:Aparellos de pesca en rios-galegos.com.
miniatura|200px|Unha cana e o seu carrete de fibra de vidro(circa 1997).
O alxerife, gran rede de arrastre rectangular que leva por riba uns cotizos e pola parte inferior unhas pandulleiras para que se manteña vertical, que se emprega no Baixo Miño para a peaca da zamborca e do salmón.alxerife no Dicionario de galego de Ir Indo. O angarallo, aparello de pesca que se utiliza para capturar crustáceos.angarallo no Dicionario de galego de Ir Indo. O angarello, aparello de pesca formado por unha liña que se mantén vertical cunha pedra ou cun chumbo, do que saen sedelas con anzois.angarello no Dicionario da RAG.angarello no Dicionario de galego de Ir Indo. As cabeceira, aparello de pesca que que e usa no río Miño para pescar a lamprea e o salmón.cabeceira, 6ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo. As canas. A chumbeira, rede de pesca de forma circular e provista de chumbos arredor, que se utiliza en lugares de pouca profundidade.chumbeira, 2º artigo, 1ª acep., no Dicionario da RAG.chumbeira, 1º artigo, no Dicionario de galego de Ir Indo. A corda, aparello de pesca que se emprega na captura de peixes como o congro, a dourada e os meixóns.corda, 7ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo. As fisgas, 1. Variña metálica, cunha parte cónica nun extremo, coa que se apañan longueiróns e moluscos similares. 2. Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variábel segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar. 3. Parte de determinadas artes de pesca que consiste nunha especie de embude de rede que impide a fuxida dos peixes capturados.fisga no Dicionario da RAG. 1. Arpón de pesca composto por tres ou máis dentes, fixos pola súa base a unha variña de ferro perpendicular a eles, que leva un mango longo de madeira. 2. Parte da rede de pesca que forma unha especie de embude para non deixar saír o peixe capturado nela. 3. Arte de pesca consistente nunha variña metálica que remata nun engrosamento en forma cónica, que se emprega para coller molucos.fisga no Dicionario de galego de Ir Indo. A lampreeira, arte que se emprega nos ríos para pescar a lamprea e que consta dunha rede rectangular que se coloca atravesada no río e se deixa arrastrar pola corrente.lampreeira, 3ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo. As nasas. O pesco ou pesqueira, especie de dique ou encoro construído en diagonal no curso dun río, desde on de se pesca ou co que se desvía a auga para poder pescar.pesco, 2ª acep., e pesqueira, 1ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo. A rañeta, aparello formado por un mango que remata en dous ganchos que se emprega para pescar o polbo.rañeta, 2ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo. O raño, ou rastro, aparello para mariscar que consta dun angazo que se arrastra sobre a area, levantando así os berberechos ou as ameixas, que quedan depositados nunha especie de rede de metal. raño, 2ª acep., no Dicionario da EAG.raño, 2ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo. O rastro, véxase raño. A solleira, rede empregada na pesca da solla.solleira no Dicionario da RAG. (As sollas galegas son dúas: Platichthys flesus e Pleuronectes platessa). Arte de pesca que se emprega para a pesca da solla.solleira, 1º artigo, no Dicionario de galego de Ir Indo. O trallo, aparello de pesca de río que se caracteriza por levar cortizos na parte superior, e chumbo na inferior.trallo, 1ª acep., no Dicionario da RAG. O viturón ou voiturón (ás veces grafado como boitrón), rede de forma cónica, que se compón de dúas pezas, unha exterior e outra interior, na que está o cebo, que se emprega na pesca fluvial.viturón no Dicionario da RAG.viturón no Dicionario de galego de Ir Indo. O voiturón, véxase viturón.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Adela Leiro, Mon Daporta e Manuel Núñez Pérez (2007): Os ríos de Galiza. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-136-0. Bieito Ledo Cabido, dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7. Xaquín Lorenzo Fernández (1982): O mar e os ríos. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-421-6.
Outros artigos Arte (pesca) Pesca
Categoría:Pesca