Dous días, unha noite (en ) é un filme de 2014 escrito e dirixido polos irmáns Dardenne. É unha coprodución entre Bélxica, Francia e Italia. Está protagonizado por Marion Cotillard e Fabrizio Rongione. Competiu pola Palma de Ouro na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014. Gañou o premio do Festival de Cinema de Sydney, e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme en lingua non inglesa, ademais de ser nomeado a dous Premios César e nove Premios Magritte, gañando finalmente tres deles. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado, aínda que Cotillard recibiu un nomeamento á mellor actriz pola súa interpretación no filme, converténdose no primeiro actor en ser nomeado por un filme belga.

Estreouse en galego o 6 de maio de 2025 a través da plataforma AGalega.

Sinopse En Seraing, unha cidade industrial próxima a Liège, Sandra é unha muller, esposa e nai, que traballa nunha pequena fábrica de paneis solares. Ao padecer unha depresión vese obrigada a pedir unha baixa laboral. Durante a súa ausencia, os seus compañeiros danse de conta de que son capaces de realizar as súas quendas de traballo facendo xornadas lixeiramente máis longa, e a dirección da fábrica ofrécelles unha prima de 1000 euros a cada un se están de acordo con iso, aínda que iso supoña o despedimento de Sandra. Trala alta, esta descobre que o seu posto depende da decisión dos seus dezaseis compañeiros, polo que ten que visitar cada un deles durante unha fin de semana para convencelos de que renuncien á prima salarial que a maioría precisa para manter as súas familias. Sandra ten que librar unha dura batalla para conservar o seu posto de traballo antes da votación definitiva que será luns pola mañá.

Personaxes Marion Cotillard como Sandra Bya Fabrizio Rongione como Manu Bya Catherine Salée como Juliette Olivier Gourmet como Jean-Marc Christelle Cornil como Anne Timur Magomedgadzhiev como Timur Pili Groyne como Estelle Simon Caudry como Maxime Batiste Sornin como M. Dumont Serge Koto como Alphonse

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos polos irmáns Dardenne Categoría:Filmes rodados en Bélxica Categoría:Filmes ambientados en Bélxica Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego