The Broken Circle Breakdown (tamén coñecido como Alabama Monroe) é un filme belga de 2012 dirixido por Felix Van Groeningen. Baséase na obra de Johan Heldenbergh e Mieke Dobbels e foi adaptado para o cinema por Carl Joos e Felix van Groeningen. Conseguiu a aclamación da crítica e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado. O filme foi o gañador do Premio César ó mellor filme en lingua non inglesa, 39ª edición dos premios César. Foi o gañador do premio Lux de 2013.
Sinopse Ambientado en Gante, o filme narra as vidas de Didier e Elise durante sete anos dende que se namoran grazas á súa paixón pola música bluegrass. Teñen unha filla, Maybelle, que desenvolve un cancro despois do seu sexto aniversario e sucumbe un ano despois. A morte de Maybelle ten un efecto devastador na súa relación e nas súas vidas.
Personaxes Johan Heldenbergh como Didier Bontinck / Monroe Veerle Baetens como Elise Vandevelde / Alabama Nell Cattrysse como Maybelle Geert Van Rampelberg como William Nils De Caster como Jock Robbie Cleiren como Jimmy Bert Huysentruyt como Jef Jan Bijvoet como Koen Blanka Heirman como Denise
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua neerlandesa Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes dirixidos por Felix Van Groeningen Categoría:Filmes rodados en Bélxica Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes ambientados en Bélxica