Nuestras madres é un filme belga-guatemalteco de 2019 dirixido por César Díaz. Conta a historia dun antropólogo forense en Guatemala que investiga a desaparición do seu pai, un loitador da guerrilla que desapareceu nos anos 80. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde Díaz gañou a Cámara de Ouro.
Nuestras madres foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Recibiu seis nomeamentos ós Premios Magritte, incluíndo mellor filme e mellor director para Díaz, gañando finalmente o premio ó mellor filme.
Sinopse En Guatemala comeza o xuízo dos oficiais militares que iniciaron a guerra civil. Os testemuños das vítimas continúan a chegar. Ernesto, un mozo antropólogo da Fundación Forense, identifica persoas desaparecidas. Un día, a través da historia dunha anciá, cre atopar unha pista que lle permitirá localizar o seu pai, un guerrilleiro que desapareceu durante a guerra.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Guatemala Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes sobre asasinatos en masa Categoría:Filmes sobre violencia Categoría:Filmes sobre a viuvez Categoría:Filmes rodados en Guatemala