A invasión de Polonia foi unha acción militar da Alemaña nazi encamiñada a anexarse o territorio polaco. A operación técnica, coñecida como Fall Weiss (en galego, Caso Branco), iniciouse o 1 de setembro de 1939 e as últimas unidades do exército polaco rendéronse o 6 de outubro dese mesmo ano. Foi o detonante da segunda guerra mundial en Europa e acabou coa Segunda República Polaca.

A invasión de Polonia foi a primeira das agresións bélicas que a Alemaña de Hitler emprendería. O exército polaco foi facilmente derrotado, ao non poder facer fronte ás superiores tropas xermanas que estaban a usar a súa famosa técnica chamada blitzkrieg (‘guerra lóstrego’), baseada no movemento rápido dos blindados e a máxima potencia do fogo brutalmente aplicada. Con todo, a caída de Polonia sería acelerada pola posterior invasión por parte da Unión Soviética o 17 de setembro e a ausencia de axuda dos seus aliados Reino Unido e Francia.

A caída de Polonia significaría a caída abrupta dos estándares de vida dos seus cidadáns, especialmente dos polacos xudeus, morrendo un 20 % da poboación polaca existente antes da invasión durante a ocupación.

Antecedentes

Unha vez finalizada a primeira guerra mundial, Alemaña é forzada a renunciar a calquera tipo de pretensión sobre territorios polacos, aínda que os artigos 87 a 104 do tratado de Versalles establecen excepcións sobre os territorios de Dánzig (que queda como Cidade Libre de Danzig amparada pola Sociedade de Nacións), o Territorio de Memel e Prusia Oriental (pendente dun plebiscito sobre a súa adhesión a Alemaña ou a Polonia).

Tras o abandono da Conferencia de desarmamento e a Sociedade de Nacións, o seguinte paso da política exterior de Adolf Hitler foi a firma dun pacto de non agresión entre Polonia e Alemaña, que tivo lugar en 1934. Tratábase dunha manobra política que debilitaba as relacións franco-polacas a favor dos intereses alemáns.

O 5 de novembro de 1937 celebrouse unha reunión de Hitler co Ministro de Exteriores Konstantin von Neurath, o Ministro de Guerra Werner von Blomberg e os principais xefes militares. Nela, Hitler establece as liñas para seguir na política exterior alemá destinadas a asegurar o espazo vital (Lebensraum) necesario para a supervivencia alemá.Allan Bullock & Stephen Trombley, ed. "Lebensraum." The New Fontana Dictionary of Modern Thought (1999), p. 473. Na devandita reunión, Hitler insta á resolución do problema das poboacións xermanas fora do territorio alemán, declarando a Austria e Checoslovaquia como obxectivos inmediatos.

O 12 de marzo de 1938, Alemaña anexiona Austria. Hitler fixa a súa atención en Checoslovaquia e consegue parte do seu territorio mercé ao Pacto de Múnic en setembro.

O 24 de novembro de 1938, o xefe do Alto Mando Alemán, Wilhelm Keitel, engade un apéndice a unha orde anterior de Hitler sobre a reconstrución do Lebensraum.

miniatura|esquerda|Situación europea no final de agosto de 1939, en vésperas da invasión. En marzo de 1939 prodúcese a ocupación de Bohemia, Moravia e o desmembramento do resto de Checoslovaquia, así como a recuperación do Territorio de Memel (cedida polo Goberno lituano). Reino Unido e Francia anuncian a súa intención de socorrer a Polonia no caso de que sexa invadida por Alemaña.

Con todo, en abril o Goberno nazi segue oficialmente buscando unha paz negociada con Polonia. As actas do proceso de Núremberg mostran que, en segredo, os plans para a invasión do país veciño, bautizados como Fall Weiss ('Caso Branco') están a se ultimar. Así, o 3 de abril, o Alto Mando das Forzas Armadas alemás emite a Directiva para as Forzas Armadas 1939/40. Neste documento lese a orde de Hitler «Faranse os preparativos de tal forma que se poida levar a cabo a operación (Fall Weiss)». O 11 de abril, Hitler asina unha nova orde dirixida aos Estados Maiores na que se mencionan «os preparativos que teñen que facer […] para levar a cabo a guerra». Obxectivos: defender as fronteiras alemás, Fall Weiss e a anexión da Cidade Libre de Danzig. O 28 de abril, Hitler comina a restitución de Danzig nun discurso no Reichstag, así como nun memorando dirixido ao goberno polaco. Ademais esixe a construción dunha estrada e unha liña de ferrocarril extraterritoriais que a unisen co territorio alemán. O goberno polaco acepta a construción da estrada, pero non o ferrocarril nin a cesión de Danzig. A tensión diplomática aumenta. miniatura|Pacto Ribbentrop-Mólotov Alemaña nazi coa Unión Soviética. O 23 de abril Hitler manifesta o seu desexo de «atacar Polonia en canto sexa posible», ordenando a Keitel que remita os plans Fall Weiss ao Estado Maior non máis tarde do 1 de maio. Dita reunión na chancelaría do Reich está reflectida nas Actas Schmundt. Na mesma reunión, Hitler ordena que os plans de invasión sexan secretos mesmo para os seus aliados italianos e xaponeses. O 15 de xuño, o Estado Maior alemán ten listo o plan de invasión. Prográmanse para o mes seguinte unhas manobras de verán para concentrar tropas na fronteira polaca sen levantar sospeitas, mentres que algunhas unidades envíanse a Prusia Oriental coa escusa de preparar o 25º aniversario da batalla de Tanneberg.

O 23 de agosto asinouse o Pacto de non agresión xermano-soviético. Este acordo foi recibido con hostilidade por parte de Francia e o Reino Unido. Este último asinou á súa vez o Pacto de Axuda Mutua con Polonia o 25 de agosto para o caso no que calquera dos dous países sufrise unha agresión. Hitler, que dera ordes para que Polonia fose atacada o 26 de agosto, encaixou mal a resposta británica. A contraorden do ataque chegou tarde para algunhas unidades, que xa establecera combate cos polacos. Goebbels difundiu a versión dunhas escaramuzas fronteirizas en Gleiwitz das que responsabilizou a Polonia.

O 31 de agosto Hitler asinou a Directiva de guerra 1 na que se detallan as ordes de ataque contra Polonia, así como a data e hora previstas do ataque. As ordes entréganse en man aos seus destinatarios, que as reciben con doce horas de antelación ao ataque.

Notas

Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Historia de Polonia Categoría:Invasións