Hugo II do Maine, nado c. 920-925 e finado en 992, foi conde do Maine no século X. Era fillo de Hugo I do Maine e probabelmente dunha filla de Goslino II do Maine.
Traxectoria Foi conde do Maine cando morreu o pai, entre 939 e 955, e foi, como o seu pai, un dos primeiros vasalos do seu tío Hugo o Grande. Este último morreu en 956, deixando un fillo novo, o futuro Hugo I de Francia, e Hugo II aproveitou para se independizar desta soberanía, como Folque II o Bo, conde de Anjou e Teobaldo I de Blois, conde de Blois.
Despois, aliouse co fillo de Teobaldo, Eudes I, nunha coalición contra o rei capeto. Sixefredo, bispo de Le Mans, fiel a Hugo Capeto, tivo que fuxir da cidade e refuxiarse co conde de Vendôme, Bucardo I, ao que lle deu os dominios que acabaron formando o Bas-Vendômois.
Non se sabe quen foi a súa muller. O nome do seu terceiro fillo indica unha relación probábel desta muller coa casa de Vermandois. Tiveron tres fillosSegundo os Comtes du Maine, de Étienne Patou, 2007.:
Hugo III do Maine (m. 1014), conde do Maine. Folque do Maine (m. 992). Herberto do Maine (m. 1 de abril de 1046), titor e rexedor do seu sobriño segundo Hugo IV do Maine, logo deposto e relegado a un mosteiroSubscribiu unha doazón de terras en Voivres do seu irrmán á abadía de Mont Saint-Michel en 1014..
Tamén tiña varias fillas,http://fmg.ac/Projects/MedLands/MAINE.htm#HuguesIIMainedied992B incluíndo quizais Melisenda do Maine, muller de Xudicael de Nantes, conde de Nantes.
Notas
Categoría:Finados en 992 Categoría:Condes do Maine