miniatura|220px|Pickering e as Calculadoras diante do edificio C no Harvard College Observatory, 13 de maio de 1913 O observatorio da Universidade Harvard, baixo a dirección de Edward Charles Pickering (1877-1919) e trala súa morte en 1919, con Annie Jump Cannon tivo numerosas mulleres traballando como traballadoras cualificadas para procesar os datos das estrelas. Destacaron Williamina Fleming, Annie Jump Cannon, Henrietta Swan Leavitt e Antonia Maury. Estas mulleres tomaron o nome despectivo de Harén de Pickering na comunidade científica.
A decisión de contratar mulleres no lugar de homes veu motivada polo feito de que as mulleres gañaban moito menos (de 25 a 50 centavos por hora) que eles, polo que podía contratar máis que procesarían a gran cantidade de datos dos que dispoñían.
Elas traballaban en pares, unha observaba e a outra escribía. Posteriormente aplicaban as ecuacións matemáticas para coñecer, entre outros, a posición das estrelas. Pickering publicou o primeiro Catálogo Henry Draper con máis de 10 mil estrelas clasificadas por elas acorde ao espectro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Sobel, Dava (2017). EL UNIVERSO DE CRISTAL: LA HISTORIA DE LAS MUJERES DE HARVARD QUE NOS ACERCARON LAS ESTRELLAS. Editorial Capitán Swing. ISBN: 978-84-946453-1-0 Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,
Outros artigos
Antonia Maury Williamina Fleming Annie Jump Cannon Henrietta Swan Leavitt
Ligazóns externas Pickering's Harem
Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Universidade Harvard