Io é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Jonathan Helpert. Está protagonizado por Margaret Qualley, Anthony Mackie e Danny Huston. Estreouse a través de Netflix o 18 de xaneiro de 2019.

Sinopse Sam Walden é unha científica nova que se aferra a vivir na Terra, que se atopa devastada e a piques de morrer. Cando se lle dá o aviso de que debe trasladarse o antes posible até IO, unha colonia espacial provisional onde se atopa a meirande parte da poboación mundial que logrou sobrevivir, aparece de xeito inesperado Micah, un home que inexplicablemente logrou sobrevivir na Terra e que tratará de axudar a Sam a chegar á colonia.

Personaxes Margaret Qualley como Sam Walden Anthony Mackie como Micah Danny Huston como Dr. Harry Walden Tom Payne como voz de Elon

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes distópicos