Os Tacoma Rainers son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Tacoma, Washington. O club, de clase Triple-A, compite na West Division da Pacific Coast League (PCL). Desde o ano 1995 están afiliados aos Seattle Mariners da Major League Baseball, estando anteriormente afiliados aos San Francisco Giants, aos Chicago Cubs, aos Minnesota Twins, aos New York Yankees, aos Cleveland Indians e aos Oakland Athletics. O equipo disputa os seus xogos como local no Cheney Stadium, un estadio inaugurado en 1960 con capacidade para 6.500 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos das MiLB