María Mondelo Rodríguez, nada en Vilanuíde (Quiroga) cara a 1897, foi unha modista e política galega.
Traxectoria Modista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida no cárcere de Monforte de Lemos o 28 de abril de 1937. Foi xulgada en consello de guerra en Lugo o 28 de xuño de 1937 acusada de excitación á rebelión e condenada a seis anos e un día de prisión maior. O 20 de febreiro de 1938 foi trasladada á prisión de mulleres de Guipúscoa. En 1937 abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi sancionada en 1941 con 100 pesetas e embargados uns bens cun valor inferior ás 1.000 pesetas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes