Francisco Barros Cascallar, coñecido como Chankecham, nado en Pontecesures en 1931 e finado o 3 de outubro de 2014,Un exemplo para imitar foi un zapateiro, impresor e escritor galego.
Traxectoria
Zapateiro de profesión. De formación autodidacta, mercou en Madrid os seus primeiros libros, que viaxaron con el nunha maleta, primeiro ao Brasil en 1956, e despois no retorno a Galicia en 1968. Publicou o seu primeiro libro, Lira celta (1964), con prólogo de Ángel Nieto Vicente, na Casa de Galicia de São Paulo. A súa obra literaria consta de cantigas e odas poéticas, e ensaios literarios de carácter político como Galitopia e Viagem ao fim dos tempos.
Fixo unha "reinvención" da imprenta de Gutenberg, construíndo unha prensa e un tórculo, labrando a man os tipos, fabricando rodetes, calibradores e outros instrumentos de impresión, e estampando curtas tiraxes de cada un dos títulos, facendo deles uns incunables contemporáneos. Participou na candidatura de Unidade Galega ás eleccións xerais de 1979.La Voz de Galicia, 1-2-1979, p. 28.
Obras No jardim das pedras, 1986. O livro dos samarúas, 1987. O laio de Tantotem, 1988. Galitopia, 1990. JN, o fantasminha camarada, 1991. Cantigas de escarnho, 1992. Requiem por um sonho nâo nato, 1993. Livro do desespero, 1995. Viagem ao fim dos tempos, 1999.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Do it yourself! Os incunables contemporáneos dun impresor particular
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes