Mercedes Posada González, nada en Vigo cara a 1888 e finada no mesmo concello o 17 de marzo de 1937, foi unha política galega.

Traxectoria Traballaba na casa na Bouciña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ocultou na súa casa a varios fuxidos, construíndo unha cova. Foi detida o 15 de marzo de 1937 polo capitán da Garda Civil Francisco González Rodríguez “O Rabioso” e asasinada polos franquistas no Cemiterio de Lavadores o 17 de marzo, xunto co seu irmán Paulino Posada González, o seu fillo Alfonso Fernández Posada e Matilde González Rodríguez e o seu fillo Alfredo Fernández González.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Das casas refuxio: Masacre na Bouciña Himno revolucionario.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes