Amaya Valdemoro Madariaga, nada en Alcobendas, Madrid, o 18 de agosto de 1976, é unha ex xogadora de baloncesto española. É considerada como a mellor xogadora española de baloncesto da historia,JASON KIDD Y AMAYA VALDEMORO en el campus de Bancaja gañadora de 3 aneis da WNBA, 2 participacións en Xogos Olímpicos de Atenas de 2004 e Pequín 2008 e numerosos trofeos máis, sendo tamén buque insignia da selección española de baloncesto. Xogou nas ligas española, estadounidense (WNBA), brasileira, rusa e turca. É a única xogadora en conseguir entrar no Top 5 de mellor xogadora Europea en 6 anos consecutivos. Foi a deportista española (tanto homes como mulleres) máis veces internacional absoluta da historia, en 258 ocasións,Selección Femenina ata que Laia Palau superou a súa marca en 2017. En 2013, o 30 de xuño para pór colofón á súa brillante carreira proclamouse campioa de Europa coa Selección tras gañar a Francia, precisamente no seu país, a final do Eurobasket de 2013 por un axustado 70-69.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil de Amaya Valdemoro (Federación Española de Baloncesto).

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008