Earth Observing-1, coñecido tamén polo seu acrónimo EO-1, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Delta 7320 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a superficie e a atmosfera terrestres.

Características EO-1 foi lanzado con tres instrumentos a bordo para fotografar e obter espectros da Terra:

Advanced Land Imager (ALI) obtiña imaxes en dez bandas espectrais. Tratábase dunha cámara de barrido cunha resolución espacial de 30 m para bandas multiespectrais e 10 m para a banda pancromática. O ancho dunha imaxe típica era de 37 km, cun longo de 42 km, e ata 185 km nalgúns casos. 'Hyperion tiña 220 canais espectrais entre os 0,357 e os 2,576 micrómetros cun ancho de banda de 10 nm. O instrumento tomaba imaxes cunha resolución de 30 m para tódalas bandas en franxas de 7,7 km de ancho e entre 42 e 185 km de longo.Linear Etalon Imaging Spectrometer Array (LEISA) Atmospheric Corrector (LAC)'' foi a primeira proba dun corrector atmosférico desde o espazo, usado para aumentar a precisión das estimacións da reflectancia da superficie.

EO-1 foi desactivado o 30 de marzo de 2017, tras 17 anos en funcionamento, e espérase que reentre na atmosfera en 2056.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 7320

Categoría:Satélites artificiais