John Stauffer Potter, nado en California o 1 de setembro de 1924 e finado en Martha's Vineyard (Massachusetts) o 4 de xaneiro de 2014, foi un empresario e escritor estadounidense.

Traxectoria Fillo de John Stauffer Potter e Edna Lee Potter, medrou en Shanghai, e despois estudou na Escola de Linguas da Universidade de Colorado, e a Escola de Negocios de Columbia. Combateu na segunda guerra mundial, licenciándose como tenente en intelixencia naval. En 1947 graduouse na Universidade Harvard e iniciou varios proxectos empresariais na República Popular da China e Corea do Sur.

A partir dunha viaxe por Europa en 1954 comezou a interesarse por tesouros afundidos, e botou catro anos á procura do tesouro da batalla de Rande xunto con Owen Lee. En 2002 asistiu á inauguración da exposición Rande 1702: Arde o mar no Museo do Mar de Galicia, onde recibiu unha homenaxe por participar no rescate dos corpos finados de varios pescadores de Moaña. Casado con Joan Coles Potter, tivo tres fillos.

Obra Treasure divers of Vigo Bay (1958, traducido ao castelán como En busca del tesoro de la ría de Vigo) The treasure diver's guide (1960) My first nine lifes (2012) Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo (On the track of the HMS Monmouth's galleon... and sunken treasure!, 2014)

Notas

Categoría:Nados en California Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Harvard