María de Valois, nada en 1309 e finada en 1332, foi unha princesa de Francia. Traxectoria Orixes familiares Filla pequena do conde Carlos I de Valois e da súa terceira esposa Mafalda de Châtillon. Era neta por liña paterna do rei Filipe III de Francia e Sabela de Portugal, e por liña materna de Guido III de Châtillon.
Matrimonio e descendencia Casou o 11 de xaneiro de 1324 en París co duque Carlos de Calabria, fillo do rei Roberto I de Nápoles e da súa muller Iolanda de Aragón. Do seu matrimonio naceron: A infanta Xoana I de Nápoles (1326 - 1382), raíña de Nápoles. O infante Carlos Martiño de Nápoles (1327). A infanta María de Nápoles (1328 - 1366), casada en 1343 co seu curmán Carlos Durazzo e en 1355 con Filipe II de Tarento, emperador titular de Constantinopla. Falecemento María de Valois morreu o 6 de decembro de 1332. Véxase tamén
Categoría:Nados en 1309 Categoría:Finados en 1332 Categoría:Casa de Valois Categoría:Nados no departamento de Sena e Marne