Vor der Morgenröte é un filme de 2016 dirixido por Maria Schrader. É unha coprodución internacional entre Austria, Alemaña e Francia. Foi un dos oito filmes escollidos por Alemaña como precandidatos para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais non foi seleccionado. Non obstante, posteriormente foi escollido como candidato de Austria para o mesmo premio, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme narra os últimos anos da vida do escritor austríaco Stefan Zweig, dende a súa chegada ao Brasil en 1936 ata o seu suicidio no mesmo país en 1942, con escenas tamén en Buenos Aires para unha reunión do PEN Club e en Nova York.
Personaxes Josef Hader como Stefan Zweig Aenne Schwarz como Lotte Zweig Barbara Sukowa como Friderike Zweig Tómas Lemarquis como Lefèvre Lenn Kudrjawizki como Samuel Malamud Charly Hübner como Emil Ludwig Nahuel Pérez Biscayart como Vitor D'Almeida Harvey Friedman como Friedman Valerie Pachner como Alix Störk Matthias Brandt como Ernst Feder Ivan Shvedoff como Halpern Leivick Daniel Puente Encina como Sadler
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes biográficos sobre escritores Categoría:Filmes ambientados no Brasil Categoría:Filmes ambientados en Buenos Aires Categoría:Filmes ambientados en Nova York