Joy é un filme austríaco de 2018 dirixido e escrito por Sudabeh Mortezai.

Foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios. Porén, o filme foi descualificado en novembro de 2019, xa que a Academia declarou que o filme contiña demasiado diálogo en inglés. A descualificación foi rebatida polos cineastas, argumentando que cando o diálogo en pidgin nixeriano, que é inintelixible para falantes de inglés, é contado de xeito separado do diálogo en inglés, este constitúe menos do 50% do total, sendo polo tanto elixible, mais a Academia mantivo a súa decisión inicial.

Sinopse Conta a historia de Joy (Anwulika Alphonsus), unha muller nixeriana que traballa como prostituta para pagar as súas débedas, ó tempo que mantén á súa familia en Nixeria e á súa filla en Viena.

Personaxes miniatura|Joy Anwulika Alphonsus co premio austríaco á mellor actriz en 2020. Joy Anwulika Alphonsus como Joy Mariam Sanusi como Precious Angela Ekeleme como Madame

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Austria