Mercedes Bengoechea Bartolomeu, nada en Madrid o 20 de decembro de 1952, é unha sociolingüista feminista española, catedrática en Filoloxía Inglesa e referente na defensa do uso da linguaxe non sexista desde unha fundamentación académica. Conta cunha longa traxectoria como asesora de distintas entidades, entre as que se atopa o Instituto de la Mujer e o Instituto Oficial de Radiodifusión e Televisión (IORTV). Desde 1994 integra a Comisión Asesora sobre Linguaxe do Instituto da Muller (NOMEA) e foi vogal da Comisión de Modernización da Linguaxe Xurídica do Ministerio de Xustiza de España, ademais de coordinadora do primeiro Informe Anual do Observatorio Nacional da Violencia de Xénero. Defende a necesidade de implantar un uso non sexista da linguaxe, fronte á resistencia de institucións como a Real Academia Española (RAE). Recibiu distintos galardóns polo seu labor investigador e innovador dentro da súa especialidade.

Traxectoria Licenciouse en Linguas Modernas pola Universidade Complutense de Madrid (1978), e doutorouse en 1991.

É catedrática en sociolingüística da área de Filoloxía Inglesa, adscrita ao departamento de Filoloxía Moderna da Universidade de Alcalá, de cuxa Facultade de Filosofía e Letras foi decana entre os anos 2003 e 2008.

Desde 1994 integra a Comisión Asesora sobre Linguaxe do Instituto da Muller (NOMEA). Entre os anos 2005 e 2008 foi membro da Comisión Experta sobre Linguaxe e Infancia do Instituto Oficial de RTVE. En 2007 encargouse da coordinación do primeiro informe anual do Observatorio Nacional da Violencia de Xénero. Entre 2010 e 2011 foi vocal da Comisión de Modernización da Linguaxe Xurídica do Ministerio de Xustiza, período no que é condecorada coa Cruz Distinguida de Primeira Clase da Orde de San Raimundo de Peñafort, concedida por este Ministerio (24 de xuño de 2011).

Ao longo da súa traxectoria recibiu tamén diferentes distincións entre as que se atopan o Premio de Investigación María Isidra de Guzmán polo seu libro Adrienne Rich (1993), o Premio Dones Progressistes, outorgado pola Federació de Dons Progressistes da Comunitat Valenciana polo seu labor investigador dentro do grupo NOMBRA do Instituto da Muller sobre xénero e linguaxe (2006). L' Associació de Dons Periodistes de Catalunya concedeu ao seu traballo Nombra.en.red. En femenino y en maculino realizado de maneira conxunta con José Simón, o Premio á Innovación en Comunicación Non Sexista (Prize to Innovation in Non-Sexist Communication) no 2008.

Mercedes Bengoechea defende o uso da linguaxe non sexista con argumentos fundamentados na sociolingüísitica. Os seus estudos profundan no uso da linguaxe e as súas implicacións na construción da identidade: Ademais de denunciar o sexismo presente en dicionarios e medios de comunicación, ocupouse das formas femininas de comunicación oral, e da tradución con perspectiva de xénero.

Premios e recoñecementos

Premio de investigación María Isidra de Guzmán polo seu libro Adrienne Rich (1993). Premio Dons Progressistes 2006, outorgado pola Federació de Dons Progressistes da Comunitat Valenciana pola súa investigación en Lingua e Xénero (2006). Premio a la Innovación en Comunicación No Sexista da Associació de Dones Periodistes de Catalunya (2008) por Nombra.en.red. escrito e desenvolvido por Mercedes Bengoechea e José Simón

Publicacións

Libros

(2015) Lengua y género. Madrid. Síntesis.(ISBN 978-84-9077-223-2) (2009) Efectos de las políticas lingüistas anti-sexistas y feminización del lenguaje. Madrid: Instituto de la Mujer. 129 p. ISBN 978-84-693-2440-0 (2007) Coordinación: Informe anual del Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer» y Anexo: « Sistema de Indicadores y Variables sobre Violencia de Género sobre el que construir la base de datos del Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer. Madrid: Ministerio de Empleo y Seguridad Social. ISBN: NIPO: 201 07 224 1 (1998) Obra colectiva: Lo femenino y lo masculino en el Diccionario de la Real Academia Española. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Instituto de la Mujer. 1998. (ISBN 84-7799-148-0)

Capítulos de libro

(2014) "Las buenas alumnas ante los TFG atrapadas entre la cultura comunicativa femenina y el androcentrismo". III Xornada de Innovación Educativa en Xénero: docencia e investigación, 2014, p. 9-35, 978-84-8158-630-5. (2007) "A linguaxe xornalística e a representación do xénero". O reto da igualdade: feminismo, xénero, universidade / coord. por María Jesús Fariña Busto, Purificación Mayobre Rodríguez, Beatriz Suárez Briones, 2007, p. 15-40.

Artigos

(2015) "Cuerpos hablados, cuerpos negados y el fascinante devenir del género gramatical" (). Bulletin of Hispanic Studies. Vol 92, núm 1, p. 1-23. (2014) "Feminist translation? No way! Spanish specialized translators' disinterest in feminist translation" (). Women's Studies International Forum. Núm 42, p. 94-103. (2014) “University students’ attitude to non-sexist Spanish”. Open Journal of Modern Linguistics. vol. 4. 1 (March 2014): 69-90. Doi 10.4236/ojml.2014.41008 ().

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Conferencia "Necesidad de poseer cuerpo y nombre para acceder plenamente a la ciudadanía" Congreso internacional "Género, Constitución y Estatutos de Autonomía" Guía para la revisión del lenguaje desde la perspectiva de género.Proyecto Parekatuz

Categoría:Feministas de Madrid Categoría:Sociolingüistas Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1952