Artur Carlos Maurício Pestana dos Santos, nado en Benguela o 29 de outubro de 1941, é un escritor angolano, coñecido polo pseudónimo de Pepetela.

En 2014 o Centro PEN Galicia outorgoulle o Premio Rosalía de Castro.

Traxectoria A súa obra trata da historia contemporánea de Angola e os problemas que a sociedade angolana afronta. Durante a longa guerra, Pepetela, angolano de ascendencia portuguesa, loitou xuntamente co MPLA (Movemento Popular de Liberación de Angola) para a liberación da súa terra natal. A súa novela, Mayombe, retrata as vidas e os pensamentos dun grupo de guerrilleiros durante aquela guerra. Yaka segue a vida dunha familia colonial na cidade de Benguela ao longo dun século, e A Geração da Utopia mostra a desilusión existente en Angola despois da independencia. A historia angolana antes do colonialismo tamén forma parte das obras de Pepetela, e pode ser lida na Gloriosa Família e Lueji. A súa obra nos anos 2000 critica a situación angolana, textos que contan cun estilo satírico inclúen a serie de novelas policiais denominada Jaime Bunda. As súas obras recentes tamén inclúen Predadores, unha crítica áspera das clases dominantes de Angola, O Quase Fim do Mundo, unha alegoría pos-apocalíptica, e O Planalto e a Estepe, que examina as conexións entre Angola e outros países ex-comunistas. Licenciado en Socioloxía, Pepetela é docente da Facultade de Arquitectura da Universidade Agostinho Neto en Luanda.

dereita|miniatura|Autógrafo do Escritor Pepetela. Pepetela é descendente dunha familia de portugueses nacidos en Angola. Concluíu o ensino primario na súa cidade natal e despois partiu para o Lubango onde foi posíbel proseguir os estudos. Foi no Liceu Diogo Can que Pepetela completou o ensino secundario. O escritor creceu nun ambiente da clase media, mais frecuentou unha escola primaria con nenos de varias razas e clases. El di que a cidade de Benguela lle deu máis oportunidades para coñecer angolanos de todas as razas porque era a cidade angolana máis multiracial daquela época. Durante a súa adolescencia, un tío seu que era xornalista, presentoulle unha variedade de pensadores da esquerda. Durante os seus anos no instituto en Lubango, Pepetela tamén foi influenciado por un padre chamado Noronha, cuxa orientación política tamén era de esquerda, que o informou sobre a revolución e outros eventos contemporáneos.Laban, Michel. Angola: Encontro com escritores. Lisbon: Fund. Eng. António de Almeida, 1991. p. 778-782.

En Lisboa Pepetela frecuentou a partir de 1958 o curso de enxeñaría no Instituto Superior Técnico, mudando en 1960 para o curso de letras na Universidade de Lisboa. Xa en 1961, Pepetela fai a opción política que viría a mudar o rumbo da súa vida e a marcar toda a súa obra, tornándoo un narrador dunha historia de Angola que coñece. Pepetela tornouse militante do MPLA en 1963.

Experiencia na guerra e primeiras obras Cando Pepetela se tornou militante, fuxiu de Portugal para París, e posteriormente estabeleceuse en Alxer. Foi alí que el coñeceu Henrique Abranches, con quen traballou no Centro de Estudos Angolanos. Este Centro virou o punto focal do traballo do mozo Pepetela ao longo da seguinte década. Pepetela, Abranches, e outros traballaron na documentación da cultura e sociedade angolanas, e na propaganda das mensaxes do MPLA ao exterior. Durante a súa época en Alxer, Pepetela escribiu a súa primeira novela, Muana Puó, unha obra que examinou a situación angolana a través da metáfora das máscaras dos Côkwes, unha etnia de Angola. Pepetela non pretendía publicar a novela, mais acabou por facelo en 1978, durante o seu servizo no goberno angolano.Laban, Encontro p. 774. En 1969, o Centro de Estudos Angolanos mudou de Alxer para Brazzaville, na República do Congo. Despois desta mudanza Pepetela comezou a participar na loita armada contra os portugueses.Laban, Encontro pp.789-790 A experiencia na loita serviu como a inspiración para unha das súas obras máis recoñecidas, unha narrativa da guerra titulada Mayombe.

A primeira novela do Pepetela foi publicada en 1972, co título As Aventuras de Ngunga. Foi unha obra literaria que el escribiu para un público pequeno de universitarios.Laban, Encontros p.773. Na obra, Pepetela analiza o crecemento revolucionario de Ngunga, un mozo guerrilleiro do MPLA, usando un ton épico e didáctico. A novela introduce o lector aos costumes, á xeografía e á psicoloxía de Angola. Pepetela crea un diálogo entre a tradición angolana e ideoloxía revolucionaria, debatendo cales tradicións deben ser alimentadas, e cales deben ser alteradas. As Aventuras… é unha novela que exemplifica a carreira iniciante de Pepetela, manifestando un amor profundo por Angola, un desexo de examinar a historia e a cultura do país, un espírito revolucionario, e un ton didáctico. A novela tamén é interesante porque foi escrita e publicada mentres o autor loitou contra os portugueses na Fronte Leste. Aínda que Pepetela escribise Muana Puó e Mayombe durante o seu servizo de guerrilleiro, só despois da independencia foron publicados.

Coa independencia de Angola en 1975, Pepetela tornouse Viceministro da Educación no goberno do presidente Agostinho Neto. O autor exerceu o mandato por sete anos e deixouno en 1982 para se dedicar a súa escrita.Laban, Encontros p. 789 Durante esta época, Pepetela tivo o apoio do presidente Neto para publicar dúas das súas novelas, incluíndo Mayombe.Leite, Ana Mafalda. "Angola" The Post-Colonial Literature of Lusophone Africa. Patrick Chabal ed. Evanston, IL: Northwestern University Press, 1996. p. 117 A súa escrita diversificouse coa publicación de dúas pezas de teatro que trataban da historia angolana e das políticas revolucionarias. Os anos 70, Pepetela foi membro do directorio da Unión dos Escritores Angolanos.

As pezas de Pepetela reflictem os temas presentes nas Aventuras de Ngunga. A primeira, A Corda foi a primeira peza de longa duración publicada en Angola pos-independencia. É unha peza que a crítica Ana Mafalda Leite describe como didáctica, ideolóxica, e de pouco interese literario.Leite. "Angola" p. 141 A peza ten un acto, e presenta dous grupos de persoas xogando tug of war con Angola como o premio. Un grupo representa os americanos e os seus clientes angolanos, e o outro representa os guerrilleiros do MPLA. A outra peza, A Revolta na Casa dos Ídolos, explota o pasado de Angola, creando un paralelo entre o reino dos Kongos nos 1500, e a loita pola independencia de Angola.

Obras publicadas nos anos 80 e a saída do goberno Como xa se mencionou, Pepetela publicou varias novelas durante o seu servizo no goberno de Agostinho Neto. Destas novelas, Mayombe é a máis coñecida. A novela retrata a vida guerrilhlira do autor os anos 70, e funciona en dous niveis; un en que se exploran os pensamentos e as dúbidas dos personaxes, e outro no que se ilustran as accións dos guerrilleiros. Ana Mafalda Leite considera a novela unha obra simultaneamente crítica e heroica, ambos tentando destacar a diversidade étnica supostamente celebrada polo MPLA e ilustrar as divisións tribais presentes na sociedade angolana que por fin levarían á guerra civil. Leite tamén escribe que a novela exhibe un conflito que define a fundación da patria.Leite, "Angola" p. 118-119

Despois da súa saída do goberno na fin de 1982, Pepetela dedicouse exclusivamente á escrita, comezando a súa obra máis ambiciosa, Yaka. Yaka, publicada en 1984, é unha novela histórica que examina as vidas dunha familia de colonistas portuguesas que viñeron a Benguela o século XIX. Un desexo para pescudar as súas orixes pode ser visto na escolla da temática do Pepetela, que é descendente de portugueses de Benguela. Como Muana Puó, Yaka incorpora obxectos espirituais tradicionais de Angola na súa narrativa. Onde a primeira novela enfoca nas máscaras, Yaka emprega a metáfora dunha escultura de madeira utilizada polos yakas, organizacións sociais dedicadas á prosecución da guerra. Ana Mafalda Leite escribe que a Yaka simboliza a consciencia de valores tradicionais e o espírito da nacionalidade. En 1986, o libro gañou o premio nacional de literatura.Leite. "Angola" p. 116.

El continuou escribindo ao longo da década, publicando en 1985 O Can e os Caluandas, unha novela que analiza os habitantes de Luanda e as mudanzas que eles viviron desde a independencia. A novela é notábel polo seu uso dos vagamentos por Luanda dun pastor-alemán para estrutrar a súa narrativa, e o emprego de varias voces narrativas.Martins, Renata. "Pepetela: O cão e os caluandas." Agosto de 2006. Nova Cultura. 21 de Novembro de 2009. En 1989, publicou Lueji, unha obra que conten paralelos coa Revolta na Casa dos Ídolos, ambas as obras comparando a historia angolana e a situación contemporánea. A novela xustapón a princesa Lueji, unha figura importante na historia angolana, cunha bailarina que baila o papel de Lueji nun ballet contemporáneo. As vidas das dúas mulleres encaixan eventualmente.Leite, "Angola" p. 112. Na novela, Pepetela recrea a historia de Angola no século XVIII, un proxecto que el facía de novo co século XVII na súa novela de 1997, A Gloriosa Familia.

Novas direccións literarias e Premio Camões Na década de 1990, a escrita de Pepetela continuaba a exhibir interese na historia de Angola, mais tamén comezou a examinar a situación política do país cun maior sentido de ironía e criticismo. A súa primeira novela da década, A Geração da Utopia de 1992, confronta moitos problemas xa explotados en Mayombe, mais desde a perspectiva da realidade de Angola pos-independencia. A guerra civil angolana e corrupción intensa no goberno levou a un cuestionamento dos valores revolucionarios promulgados na novela máis vella. Ana Mafalda Leite describe a novela como unha obra que é moi distante dos valores heroicos de Mayombe.Leite, "Angola" pp. 119-120. O enredo do libro, que pasa en tres décadas, está dividido en catro partes, cada unha analizando un aspecto importante do século XX en Angola, incluíndo a opresión colonial, a guerra de liberación, a guerra civil, e a pausa curta na guerra que ocorreu no inicio dos anos 90. O interese na historia continúa evidente no libro, mais o criticismo do establecemento angolano foi algo novo que xurdiría no futuro.

A súa seguinte novela da década, O Desejo de Kianda, publicado en 1995, seguiu manifestando a desilusión exhibido na Geração de Utopia. A novela utiliza o realismo-máxico, un estilo que Pepetela aínda non utilizaba moito, presentando unha situación onde varios edificios en Luanda caen na praza Kinaxixi, con todos os habitantes sobrevivindo. A heroina, unha personaxe chamada Carmina Cara de Cu, sae da súa estadía no goberno e vólvese unha traficante de armas.Cusack, Igor. "Pepetela." Historical Companion to Postcolonial Literatures: Continental Europe and Its Empires. Eds. Prem Poddar, Rajeev S. Patke and Lars Jensen. Edinburgh: Edinburgh UP, 2008. p. 486. Nun ensaio comparando a caída dos edificios na novela aos atentados do 11 de setembro de 2001, Philip Rothwell escribe que o libro continúa "o retrato profundo e condenador dunha utopía traizoada."Rothwell, Phillip. "Rereading Pepetela's O Desejo de Kianda After 11 September 2001: Signs and Distractions." Portuguese Studies. 20 (2004), pp. 195-207. p. 196 O ano seguinte o autor publicou unha novela dun xénero distinto, A Gloriosa Família. Esta obra examina a historia da familia Van Dúnem, unha familia prominente de descendencia holandesa. Pepetela pasou anos pescudando a historia dos flamengos en Angola para escribir a novela. Esta obra non manifesta o ton cínico e desilusionado dos seus outros libros na década. É unha novela histórica cun ton épico que tamén emprega realismo máxico. Aínda que a novela non caiba dentro da maioría da obra do autor, a fascinación coa historia angolana cristalízase mellor neste libro.