Buoyancy é un filme australiano de 2019 dirixido por Rodd Rathjen. Foi escollido como candidato australiano para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Inspirado en feitos reais, conta a historia dun rapaz camboxano de 14 anos que se converte en vítima do tráfico humano cando é escravizado nun barco pesqueiro tailandés.

Personaxes Sarm Heng como Chakra Thanawut Kasro como Rom Ran Mony Ros como Kea Saichia Wongwirot como Kadir

Estrea A súa estrea internacional fíxose no Festival Internacional de Cinema de Berlín de 2019.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua tailandesa Categoría:Filmes en lingua khmer Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes sobre a escravitude