Pascuala García Martínez, nada en Cañada de Biar (Alacant) o 16 de outubro de 1970, é unha científica española. Licenciouse en ciencias físicas en 1993 na Universidade de Valencia, doutorándose na mesma universidade en 1998.Tesis doctorales. TESEO." CORRELACIONES MORFOLOGICA I NO LINEALS OBTINGUDES PER METODES OPTICODIGITALS ." Pascuala García Martínez. Desde 2017 é catedráticaResolución de 2 de novembro de 2017, da Universitat de València, pola que se nomean Catedráticos de Universidade no departamento de Óptica da Universidade de ValenciaUniversitat de València. Departament d'Òptica. Docents i Investigadors del Departament d'Òptica.
Traxectoria O seu principal campo de investigación céntrase no estudo dos moduladores espaciais de luz, no caracterizado e aplicación dos cristais líquidos, o procesado óptico-dixital de imaxes, correlacións non lineais e procesado morfolóxico. Na actualidade o seu labor investigador realízaa na Universidade Miguel Hernández de Elxe co Grupo de Tecnoloxías Ópticas e Optoelectrónicas e á Universidade de Valencia co Grupo de Procesado Optoelectrónico de Imaxes.Universitas. Universidad Miguel Hernández. Grupo de Tecnologías Ópticas y Optoelectrónicas. É coautora de máis de 60 artigos en revistas internacionais, de 6 capítulos de libro e dunhas 70 comunicacións a congresos internacionais e nacionais.ResearchGate. Pascuala García Martínez.
É membro sénior da SPIE (Sociedade Internacional para a óptica e a fotónica fundada nos Estados Unidos en 1955) desde 2010 e da OSA (The Optical Society) desde 2015. Tamén é membro doutras asociacións como: SEDOPTICA e EOS.Universitas. Universidad Miguel Hernández. Grupo de Tecnologías Ópticas y Optoelectrónicas.
Compromiso social Destaca o seu labor pola igualdade de xénero na ciencia. Foi a coordinadora do nodo da Comunidade Valenciana de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas) desde 2005 até 2007 e é a presidenta do grupo de "Mulleres en Física" da Real Sociedade Española de Física.Real Sociedad española de Física. GRUPO ESPECIALIZADO DE MUJERES EN FÍSICA (GEMF).
Foi membro da Comisión para a Elaboración do II Plan de Igualdade (2013-2017) da Universidade de Valencia, así como a scoordinadora da exposición Investigadoras na Luz e nas Tecnoloxías da Luz para conmemorar o Ano Internacional da Luz (2015).Exposición Investigadoras en la Luz y en las Tecnologías de la Luz.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xénero (ciencias sociais) Perspectiva de xénero Teito de cristal Plataforma Europea de Mulleres Científicas
Categoría:Profesores da Universidade de Valencia Categoría:Científicos de España Categoría:Físicos de España Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Nados en 1970