Alicia Magdalena Sintes, nada en Sant Lluís (Menorca) en 1969, é doutora en física pola Universidade das Illas Baleares (UIB) e profesora titular universitaria na área de física teórica. A súa investigación céntrase no campo da astronomía de ondas gravitacionais.
Traxectoria Licenciouse no ano 1992 en física pola Universidade das Illas Baleares. Obtivo o doutoramento en 1996 pola mesma universidade. Continuou como bolseira Marie Curie e máis tarde como investigadora posdoutoral sénior no Albert Einstein Institut, dentro do Instituto Max Planck de Alemaña. Lidera o grupo de física gravitacional na UIB e é secretaria do Instituto de Aplicacións Computacionais e Código Comunitario (IAC3)
As súas actividades de investigación cobren o campo da astronomía de ondas gravitacionais, sendo unha experta na posta a punto de detectores interferométricos, no estudo e procura de estrelas de neutróns e sistemas binarios de buracos negros.
Uniuse á Colaboración Científica LIGO (LSC) e GEO en 1997, e é membro do consello LIGO-LSC e do comité executivo de GEO, así como do Consorcio LISA e do Equipo Científico do Telescopio Einstein. É membro do Instituto de Estudos Espaciais de Cataluña (IEEC), o Instituto Menorquín de Estudos (IME) e investigadora asociada Severo Ochoa no Instituto de Física Teórica (UAM-CSIC) de Madrid.
Recoñecementos 2021 - Elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae. 2018 - Nomeada “Filla Predilecta de Sant Lluís” 2018 - Membro da “Selección Española de Ciencia 2018” de QUO e CSIC 2018 - Premio Bartomeu Oliver 2018 da Obra Cultural Balear 2017 - Premio Ramon Llull 2017 do Goberno das Illas Baleares 2017 - Premio Medalla de Ouro de Palma 2017 2017 - Cogalardonada co premio Princesa de Asturias 2017 2016 - Premio Jaume II 2016 do Consell de Mallorca 2016 - Galardoada xunto ao resto do equipo LIGO co premio Gruber de Cosmoloxía 2016
Notas
Categoría:Profesores da Universidade das Illas Baleares Categoría:Científicos de España Categoría:Físicos de España Categoría:Nados en Menorca Categoría:Nados en 1969