Ursula Maria Kampmann, nada o 20 de xuño de 1964 en Múnic, Baviera, é unha numismática, historiadora e xornalista alemá."Kampmann, Ursula". En Coins Weekly. 21 de decembro de 2016.
Traxectoria Ursula Kampmann estudou Historia Antiga, Historia Medieval e Arqueoloxía do Oriente Próximo na Universidade de Múnic e na Universidade do Sarre, cun enfoque especial na numismática antiga. En 1991 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada Die Homonoia-Verbindungen von Pergamon ("As conexións da homonoia en Pérgamo").
Paralelamente á súa formación académica, Kampmann traballou no comercio numismático, nunha primeira etapa entre 1987 e 1990 na compañía Giessener Münzhandlung, de Múnic, e posteriormente de 1992 a 2001 na suíza Münzen und Medaillen AG.
Durante ese período de traballo no comercio numismático comezou a dedicarse ao xornalismo especializado neste sector. A partir de 1996, os seus artigos publicáronse fundamentalmente na revista MünzenRevue, da que é editora xefa desde 2002, e tamén noutras de diferentes países e traducidos a varios idiomas.
Entre 2001 e 2005 traballou na Axencia Internacional para a Supresión da Falsificación de Moedas (IBSCC), da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (IAPN), o que a levou a prublicar unha serie de artigos sobre a falsificación de moeda.
Ursula Kampmann é, ademais, a fundadora dunha revista numismática internacional en liña que ten unha versión en inglés, chamada Coins Weekly, e outra en alemán, Münzen Woche.
No seu aspecto como divulgadora numismática imparte conferencias dirixidas tanto a profesionais como a afeccionados, e os seus traballos, á parte dos libros, inclúen tamén programas de radio, producións videográficas e organización de exposicións, como a titulada "A xente de Zürich e o diñeiro" (Die Zürcher und ihr Geld), a dos Museos Estatais de Suíza levada a cabo no Museo Bärengasse, ou a da Casa da Moeda de Berlín titulada KleinGeld ("moeda miúda").
Ursula Kampmann é membro de American Numismatic Society."ANS Fellows 2020 ". American Numismatic Society.
Recoñecementos
2002: Premio Vreneli, outorgado pola revista suíza Münzen-Revue con ocasión da Feira Mundial do Diñeiro. 2003: Premio de Honra da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG). 2012: Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Profesionais Numismáticos Suízos."Ursula Kampmann received Otto-Paul-Wenger Award". En Coins Weekly. 4 de xullo de 2012."Ursula Kampmann erhält Otto-Paul-Wenger-Preis ". Verband Schweizer Berufsnumismatiker."Otto Paul Wenger-Preis". En Numis Post. 2015: Premio Burnett Anderson Memorial, da American Numismatic Association (ANA), a American Numismatic Society (ANS) e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild -NLG-)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association."Ursula Kampmann to Receive 2015 Burnett Anderson Memorial Award for Excellence in Numismatic Writing ". En Coin Week. 2 de setembro de 2015."Ursula Kampmann to receive the 2015 Burnett Anderson Award". En Coins Weekly. 3 de setembro de 2015. 2024: Premio Lastanosa, Medalla á excelencia Numismática, da Sociedade Española de Numismática."Premio Lastanosa 2024 Medalla a la Excelencia Numismática". Sociedade Española de Numismática (Sociedadnummus.org).
Escolma de publicacións
(1996): Die Homonoia-Verbindungen der Stadt Pergamon oder der Versuch einer kleinasiatischen Stadt unter römischer Herrschaft eigenständige Politik zu betreiben. Saarbrücken. Saarbrücker Druckerei und Verlag. ISBN 9783925036972 (1999): Gottheit und Polis griechische Münzen. Stuttgart Klett. ISBN 9783129932391 (2004): Die Münzen der römischen Kaiserzeit. Regenstauf. ISBN 3-924861-77-3 (2005): Menschengesichter. Götter, Herrscher, Ideale – das Antlitz des Menschen im Münzbild. Zürich. Oesch ISBN 3-0350-9002-5 (2005): Geld und Macht in der Antike. Zürich. MoneyMuseum."Geld und Macht in der Antike - Eine Hörspielreihe von Ursula Kampmann ". Money Museum. (2006): Die Zürcher und ihr Geld : Begleitbuch zur Ausstellung. Zürich. MoneyMuseum. (2008): Die Münzen der römischen Münzstätte Alexandria (con T. Ganschow). Battenberg. Regenstauf. ISBN 978-3-86646-027-0 (2011): Im Schatten der Adler Roms. Münzen der Republik aus der Sammlung Wyprächtiger. Zürich. Oesch. ISBN 978-3-0350-9007-9 (2012): Numismatisches Wörterbuch : Englisch - Deutsch : Deutsch - Englisch. Battenberg. Regenstauf. ISBN 9783866460850 (2018): Der Wiener Philharmoniker. Eine Anlagemünze schreibt Geschichte. Battenberg. ISBN 978-3-86646-145-1
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Vídeo: Ursula Kampmann fala sobre a revista en liña CoinsWeekly.com
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Múnic Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Xornalistas de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Alumnos da Universidade do Sarre Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger