Edith Schönert-Geiß, nada o 7 de agosto de 1933 en Dresden (Saxonia) e finada o 12 de xuño de 2012 en Berlín, foi unha numismática alemá salientable polas súas investigacións sobre numismática grega, sinaladamente de Tracia.Ulrike, P. (2012 -a-).Ulrike, P. (2012 -b).Von Felix, L. (2012).
Traxectoria Logo de finalizar a educación secundaria en Dresden, Edith Schönert estudou Ciencias da Historia na Universidade Humboldt de Berlín. Aos seus 23 anos, o 1 de setembro de 1956, comezou a traballar no Instituto Central de Historia Antiga e Arqueoloxía, dependente da Academia de Ciencias da República Democrática Alemá, onde se implicou na continuación do proxecto Griechisches Münzwerk, sobre cecas gregas, que finalmente acabou por dirixir."Griechisches Münzwerk". Akademie der Wissenschaften Berlin.
Aínda que o seu apelido orixial é Schönert, logo do seu casamento substituíuno polo do seu marido, Geiß, e máis tarde comezou a asinar as súas publicacións co composto Schönert-Geiß.
En 1960 acadou o doutoramento cunha tese titulada Provinzialprägung der Stadt Perinthos ("Cuñaxe provincial da cidade de Perinthos"), presentada na Universidade Humboldt. En 1966 logrou a súa habilitación como profesora universitaria co seu estudo Die frühe Silberprägung von Byzantion ("A primeira cuñaxe de prata de Bizancio").
Con motivo da súa xubilación o 31 de agosto de 1998 foi honrada cunha publicación científica na súa homenaxe.Ulrike, P. [ed.] (1998).
Recoñecementos
1963: Membro de Honra da Sociedade Numismática Romanesa. 1987: Membro de Honra da Sociedade Numismática de Stara Zagora, en Bulgaria.
Escolma de publicacións
(1965): Die Münzprägung von Perinthos. Belín. (1970-1972): Die Münzprägung von Byzantion. Berlín. 1970: parte 1; 1972: parte 2. (1981): Münzen aus der urchristlichen Umwelt (con K. Matthiae). Berlín. (1987): Die Münzprägung von Maroneia. Berlín. ISBN 3-05-000226-3 (1991): Die Münzprägung von Augusta Traiana und Traianopolis. Berlín. ISBN 3-05-000940-3 (1999): Bibliographie zur antiken Numismatik Thrakiens und Mösiens. Berlín. ISBN 3-05-003286-3
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ulrike, P. [ed.] (1998). Stephanos nomismatikos. Edith Schönert-Geiss zum 65. Geburtstag. Berlín. ISBN 3-05-003294-4 Ulrike, P. (2012 -a-). "Edith Schönert-Geiss (1933–2012) ". En Compte rendu. 59. Páxinas 76-77. Commission Internationale de Numismatique. Ulrike, P. (2012 -b). "Dr. habil. Edith Schönert-Geiß (b. August 7, 1933 - d. June 12, 2012)". En Coins Weekly. 28 de xuño. Von Felix, L. (2012). "Edith Geiß (Geb. 1933)". En Der Tagesspiegel. 17 de agosto.
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Dresde Categoría:Finados en 2012 Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín